Desde o pasado 30 de setembro entre tres e dez furgóns das Unidades de Intervención da Policía Nacional (UIP) fan gardas permanentes con axentes armados na rúa da Ensenyança, a carón da comisaría do corpo en Lleida e a un dos accesos á escola.

Imaxe da entrada na escola coas furgonetas policiais ao fondo

 

Posteriormente, as balas foron retiradas polo persoal docente do mesmo centro educativo, cuxa dirección puxo os feitos en coñecemento do corpo dos Mossos d’Esquadra.

O uso desta munición é ilegal en Catalunya desde que en abril de 2014 entrou en vigor a prohibición votada no Parlamento do seu uso no corpo dos Mossos d’Esquadra. No entanto, a Policía Nacional española disparou balas de goma nas cargas policiais da escola Ramon Llull do Eixample de Barcelona, durante o referendo de autodeterminación celebrado no pasado 1 de outubro. Neste colexio electoral Roger Español perdeu a visión dun ollo polo impacto dun destes proxectis.

Este non é o primeiro conflito que acontece no centro de Lestonnac de Lleida pola continua presenza policial en horario escolar. No pasado 24 de outubro, a dirección da escola demandou o traslado deste dispositivo especial porque “alteran a convivencia educativa”. Uns días antes, algúns membros do Comité de Defensa da República do bairro foran identificados polos axentes da PN cando repartían follas informativas para pedir a retirada do corpo.

Nun comunicado, a sección sindical de ensino da CGT Lleida lembra que a cidade “dixo basta e pediu explicitamente por moitos canais que marchen as forzas policiais”, en alusión ás dúas mrchas organizadas polos CDR no último mes onde partidos políticos e organizacións sociais e cívicas pediron oficialmente e de maneira pública a retirada destes corpos. “O que non se pode facer é dar unha bala de goma a unha crianza como se iso non fose nada ou apenas un simples xogo, porque esta bola é un proxéctil que é utilizado intencionadamente contra a disidencia politica”, afirman os anarcosindicalistas, convencidos de que estas cousas deben ser explicadas ao alumnado: “Se iso é adoutrinar, pois adoutrinemos”.

Clara Barbal

Fonte: La Directa