.
.
Hamás dice que Israel utilizó delfines 'asesinos' para "cazar a sus elementos navales en el mar profundo"

 

As forzas de seguranza israelitas utilizaron un golfiño para perseguir os comandos navais de Hamás frente á  costa da Faixa de Gaza, segundo declarou recentemente nun vídeo un porta-voz das Brigadas de Ezzeldin Al-Qassam, brazo armado do movemento palestino.

 

 

 

Segundo o militante de Hamás, o incidente tivo lugar no pasado 17 de maio, cando catro efectivos das brigadas foron “martirizados nunha incursión israelita”, informa o xornal palestino Al-Quds.

 

O porta-voz explicou que detectaron o golfiño utilizado por Israel para “cazar os seus elementos navais no mar profundo”. Acrecentou que conseguiron extrair os “dispositivos montados no golfiño destinados a seren utilizados no asasinato de efectivos da Armada das Brigadas de Ezzeldin Al-Qassam”.

Non é esta a primeira vez que Hamás informa sobre o uso de golfiños con finalidade militar por Israel . En 2015 anunciou a captura dun cetáceo, equipado con dispositivos de espionaxe, incluídas cámaras. Al-Quds acrecenta que o mamífero foi “destituído da  súa vontade” e convertido en “asasino” polos servizos de seguranza israelitas.

RT