«Os rapaces dos tres centros de menores de Montealegre, castigados con duchas frías». Un comunicado do comité de empresa do Centro de Reeducación de Monteledo denuncia con ese chamativo título os «continuos» fallos na caldeira que fornece o aquecemento aos tres espazos públicos: Montealegre, Monteledo e Montefiz. Esta situación, segundo aseguran, prolóngase desde comezos do mes de novembro.

A Xunta, responsábel dos centros, explica que están traballando para solucionar os problemas nas caldeiras. Fixeron traballos de reparación mais os problemas persisten e agora van substituir a instalación de gasóleo por outra de biomasa. Entretanto, de maneira provisoria, afirman, instalarán outras dúas caldeiras de gasóleo.

La Voz de Galicia