D., preso actualmente en el Puerto de Santa María, foi transferido de cárcere en varias ocasións nos últimos dous meses. De Villena a Morón de la Frontera, a viaxe durou dúas semanas. Estas transferencias de presidio, sempre sen previo aviso, fixéronno perder encontros vis-à-vis solicitados con antecedencia. Como non puido avisalos, cando os seus familiares chegaron a Villena el xa non estaba. Reclama cumprir condena nun penal próximo a Valencia, onde vive a familia.

 

Notificación de intervención de correspondencia asinada polo director do cárcere de Puerto I.

 

Violación da correspondencia

O director do presidio de El Puerto de Santa María recoñece ter interceptado, lido e bloqueado sen orde xudicial previa unha carta que tiña como destinatario D., na altura interno xa nese penal, unha práctica ilexítima contemplada no propio Regulamento Penitenciario (Art. 46-5ª) que sobre esta grave restrición do dereito constitucional á inviolabilidade da correspondencia se limita a estipular que “nos casos en que, por razóns de seguranza, a boa orde do establecemento ou interesse do tratamento, o Director acorde a intervención das comunicacións escritas”, a decisión será comunicada à persoa afectada e à autoridade xudicial correspondente, sen indicar se a notificación há de facerse antes ou despois de executada a medida.

É preciso ter en conta que a información e as consignas que figuran na carta retida pola dirección do cárcere son de curso público e legal no exterior.

Por outra parte, D. denuncia que tamén lle interceptada outra correspondencia sen que existise aparentemente motivo algún que pudese ser utilizado como coarctada para que non lle fose entregada.

Outros abusos

D. denuncia tamén outras represalias por ser membro activo da campaña polos recoñecemento de dereitos ás persoas presas. Partes disciplinares, desatención médica, mal trato de funcionarios, etc. son prácticas diarias. Un dos partes que lle puxeron cando ainda estaba na cadea de Villena, por exemplo, foi consecuencia de ter reclamado o dereito a ter unha cadeira na súa cela. “Tu no te mereces la silla”, teríalle contestado un funcionario cuando a pediu para non ter que comer no chan ou na cama. Cando repetiu a petición, optaron por abrirlle parte disciplinar.

 

“En estos momentos llevo una frustración inmensa. Esta gente está consiguiendo lo que se han propuesto, dejarme todo rallado y que me siga quemando hasta que vuelva a explotar, y me busque más ruina de la que ya tengo, y que no salga nunca de aquí.”

 

“Yo lo he intentado todo: modulos de respeto, modulos anti droga y mil cosas mas. Y a la minima que he metido un pelín la pata, me han sepultado vivo.”