A finais deste ano, os Estados membros das Nacións Unidas aprobarán, após un período de negociacións intergobernamentais, o Pacto Mundial para a Migración (PMM). No 5 de febreiro de 2018 publicouse o primeiro anteproxectou, xerou grandes expectativas canto aos compromisos e medidas concretas que esixirá à comunidade internacional para promover unha axenda xusta en materia de migración, protexer os dereitos humanos e laborais das persoas migrantes e atallar o crecente racismo e xenofobia, tipificados pola tendencia a converter as persoas migrantes en bodes expiatorios.

 

Afro-mar-RetoGrafitti chileno Barrio Yungay (Imagen de Reto Thumiger) | Pressenza

 

O conxunto do sistema das Nacións Unidas tamén ten que estar preparado para axudar os Estados membros e ás partes interesadas, incluídos os sindicatos e a sociedade civil, na aplicación do PMM de maneira que sexa consistente cos tratados internacionais existentes en materia de dereitos humanos e laborais, e que os reforce.

Tendo isto presente, o movemento sindical internacional está consternado pola decisión da Administración Trump de nomear Ken Isaacs como candidato para o lugar de director xeral da Organización Internacional para as Migracións (OIM). Ken Isaacs ten un recoñecido historial de declaracións contra o islam e negou repetidamente a relevancia da mudanza climática nas tendencias migratorias.

A decisión do Goberno dos Estados Unidos de retirarse do proceso do PMM, xunto co nomeamento de Ken Isaacs para dirixir a OIM, é un claro indicativo de que o Goberno dos EUA non teñen interese algún na ambición descrita no anteproxecto de contar cun Pacto Mundial para a Migración “centrado nas persoas”, baseado “no Estado de dereito e un proceso xusto”, ancorado “nos dereitos humanos” e focado ao “desenvolvemento sustentábel”.

Á vez que comezan as negociacións sobre o primeiro anteproxecto, solicitamos aos Estados membros da ONU que se manteñan fieis ao compromiso en favor dunha focaxe baseada nos dereitos. O sistema da ONU no seu conxunto debe, pola súa banda, estar preparado para axudar os Estados membros a garantir este tipo de focaxe. Un seguimento coherente e efectivo do sistema da ONU implica que toda función atribuída á OIM, que presente un organismo relacionado coa ONU, requirirá unha revisión exhaustiva canto á condición actual da OIM como “organización internacional independente, autónoma e sen carácter normativo na relación de traballo coas Nacións Unidas”. A OIM tería que adoptar formalmente o cadro normativo da ONU relativo aos dereitos humanos e garantir mecanismos sólidos para a participación da sociedade civil.

Fonte: Entre nós