Os axentes da Garda Civil que participaron na represión do 1-O mostraron publicamente o seu desconforto por non teren sido premiados cunha condecoración pola súa actuación na Catalunya no outono do 2017. A Asociación Pro Garda Civil (Aprogc) divulgou através do Twitter unha serie de mensaxes en que critican ter recibido “uns simples parabéns” por impedir a secesión da Catalunya de España”, e fíxono interpelando deportistas cataláns e españois campións na súa especialidade como Marc Márquez, Rafa Nadal ou Marc Gasol.

 

Asociación PRO Guardia Civil@APROGC

A Garda Civil, explica El Independiente, distinguiu 4.915 axentes que participaron no dispositivo policial organizado polo Ministerio do Interior en Catalunya no outono do 2017, de setembro até a celebración das eleccións do 21-D. Non todas as distincións, contodo, foron unha condecoración, de que fique constancia na folla de servizos e compute como mérito á hora de ascender ou pedir mudanza de destino.

Deixar o recoñecemento en simples parabéns incomodou o sindicato. “Partimos as costas polo Estado en Catalunya e a resposta foi moi lixeira”, declarou a El Independiente o responsábel do sindicato Fernando Ramírez Trejo.

A maneira escollida polo sindicato para expresar o seu desconforto foron chíos en que se dirixen aos deportistas e outros personaxes públicos. “Que tal, Marc Márquez. Imaxinas que para gañar o Mundial de Moto GP o premio fose un patinete eléctrico? Pois iso déronnos aos gardas civís por impedir a secesión de Catalunya de España”.

 

Asociación PRO Guardia Civil@APROGC

Que tal 👋🏻 @marcmarquez93 ¿Te imaginas que por ganar el el premio fuera un patinete eléctrico? Pues eso nos han dado a los Guardias Civiles por impedir la secesión de Cataluña de España 🇪🇸, una simple “felicitación”

Os sindicatos da Garda Civil e do Corpo Nacional de Policía pediron en marzo do 2018 ao que era na altura Ministro do Interior que fose recoñecido o “excepcional labor” das Forzas Policiais do Estado na Catalunya.

El Nacional