Despois de tres anos, o xuiz ten de arquivar a Operación Arca contra o anarquismo

Pasaron xa tres anos desde aquel 13 de maio de 2019 en que se produciron as detencións da Operación Arca. Aquela madrugada, dúas anarquistas foron detidas e levadas á sede da Brigada de Información da Policía española e posteriormente á AN, despois de as súas casas e o Espazo Anarquista La Emboscada teren sido revistados. Foron liberadas despois de declararen perante o xuiz, mais a investigación seguiu aberta: a policía quería analisar o contido dos seus móbeis, computadores, libros, cadernos, e outros obxectos confiscados.
.
.

 

Nesa altura non sabiamos cal era a acusación; nin sequera coñeciamos o nome da operación policial, pois a causa estaba sob segredo. Os servizos de información da Policía limitáronse a detelas coa xenérica imputación de terrorismo e sabotaxes, sen dar máis explicacións. Un xuíz da AN pretendeu tomarlles declaración ás cegas (ao que elas se negaron), sen explicitar os feitos investigados, nin que probas existían, nin nada. Algúns meses despois o segredo do sumario foi levantado e sóubose que a operación antiterrorista se denominaba Arca e elas eran acusadas de cometeren sabotaxes a caixeiros, incendios de vehículos de seguranza privada, colocación de artefactos explosivos en sucursais bancarias, desfeitas en inmobiliarias, etc.
.
Na web da campaña Quemando Arcas (realizada por un grupo de apoio ás dúas investigadas) poden verse as máis de 40 accións reivindicadas por anarquistas na Internet nos últimos 3 anos en Madrid e cales eran investigadas na Operación Arca. A imputación de terrorismo xustificábase en base a que existe unha ideoloxía por detrás das accións. A autoría das accións é descoñecida, mais a policía sempre entendeu que había anarquistas detrás (e tratou de atribuír a súa execución ás dúas investigadas).
.
E é que pintadas, sabotaxes e pequenos incendios consideraríanse mero vandalismo e simples danos se se tratar dunha ‘gamberrada’ apolítica, mais adquiren un cariz de gravidade extrema cando existe unha intencionalidade política por detrás (non por acaso, os delitos de terrorismo son os actos de violencia máis graves regulados no Código Penal español). Entretanto, o capitalismo condena millóns de seres humanos á pobreza e á precariedade coas súas desigualdades e miserias e os Estados provocan guerras impunemente, sen que iso se considere violencia. Son estas contradicións as que visibilizaba a campaña de Quemando Arcas.

 

Felizmente, no final do mes de xuño a web de Quemando Arcas fixo público que a investigación xudicial contra as dúas anarquistas foi arquivada. A conclusión do xuíz da AN é que, unha vez concluída a investigación (que, lembramos, durou máis de tres anos), a policía non tiña ningunha proba de que as dúas investigadas tivesen algunha participación nas sabotaxes que lles eran imputadas. A Operación Arca é unha operación policial antiterrorista cun claro obxectivo, reprimir novamente o anarquismo en Madrid, explica un comunicado en Quemando Arcas.Desta volta centrado en dúas compañeiras que foron detidas e postas en liberdade á espera de xulgamento con medidas cautelares, acusadas da realización de diferentes accións contra bancos, inmobiliarias, empresas de seguranza, forzas de estado, etc.
.
Hai un tempo soubemos que despois de tres longos anos de incerteza o caso foi arquivado. Como noutras operacións antiterroristas contra o anarquismo no estado español, xerouse un relato policial difícil de soster no ámbito xudicial mais cuxo obxectivo é reprimir e desmovilizar.
.
Pensamos que todo forma parte da estratexia de infundir o medo a aquelas persoas que non calan, nin agachan a cabeza, a aquelas que responden con raiba á súa violencia..Este tres anos estiveron cheos de moitas e diferentes emocións e accións. Con diversos sentires para as persoas que viviron o proceso en primeira persoa e aquelas que o acompañaron. Contodo, se algunha cousa o caracterizou foi que chegamos até hoxe e podemos dicir que non temos medo, que a loita continúa, que aquilo en que cremos e a amizade que nos une levaranos sen remedio á anarquía.
.
A Operación Arca era a sétima deste tipo desde o ano 2014, despois de pasar polas Operacións Facebook, Columna, Pandora, Pandora 2, Ice e Piñata anteriormente. Nestas seis causas xudiciais previas sempre se deron unha serie de patróns comúns: foron detidas e investigadas persoas anarquistas polo feito de o seren, por usaren comunicacións seguras (como correos encriptados), por faceren asembleas e por publicaren comunicados en que manifestaban querer acabar cun sistema opresor. Das cinco operacións apenas unha (Columna) terminou con condenas para alguén (as anarquistas chilenas Francisco Solar e Mónica Caballero, que foron expulsados da UE despois de pasar 3 anos en prisión).  O resto de casos foron ao comprobarse que non había nada contra elas e que os informes policiais achegábanse máis a obras literarias que a análises concienzudos. E o mesmo ocorreu con Arca.

Todo por Hacer