Unha moza e un mozo de Lleida pasaron unha noite no calabouzo da comisaria da localidade e declararon no dia seguinte diante do xuiz por un suposto delito de incitación ao odio contra a Garda Civil, segundo confirma o propio instituto armado. A Fiscalía investiga as súas publicacións no Facebook  con imaxes de axentes e comentarios que publicaron na semana posterior ao 1º de outubro, informa  o xornal Segre.

A xoven, que tamén é investigada por revelación de segredos, publicou a fotografia dun home e un vehículo en que dicía: “Alerta se vedes estes individuos por Lleida, son nacionais ou GC camuflados tentando provocar altercados por Lleida, para non caerdes en provocacións, calma e moita calma”. Unha  e outro saíron en liberdade con cargos despois de durmiren unha noite no calabouzo e pasaren a disposición xudicial.

Fonte: 20 minutos