A Policía Nacional detivo onte pola mañá unha das cinco persoas identificadas no atestado do 091, elaborado en base ás dilixencias da Policía Local, por mor dos incidentes acontecidos durante a mañá do pasado 23 de maio no despexo da antiga Comandancia de Obras. Pola tarde, o arrestado foi posto a disposición do xulgado de garda, que decretou a súa posta en liberdade coa obrigación de comparecer cada quince días no xulgado.

 

Resultado de imaxes para a insumisa coruña

 

O detido está investigado por un delito de atentado e outro de desordes públicas, segundo informou onte o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG). Enfronte ao edificio de Novos Xulgados concentrouse un grupo de persoas en apoio ao activista.

A Brigada de Información da Policía Nacional tamén detivo na pasada terza feira outras dúas persoas pola súa suposta participación nos mesmos feitos. O xuíz enviou a prisión de maneira provisorio unha delas polos delitos de atentado e lesións, ambos agravados por uso de instrumento perigoso, e de sedición “por alzarse tumultuariamente contra os axentes alí destacados”. Finalmente, esta segunda feira foi posto en liberdade baixo fianza de 3.000 euros. O segundo detido a semana pasada ficou en liberdade ao non poder serlle imputado, segundo a maxistrada, ningún acto de violencia específico.

Os incidentes do 23 de maio deron lugar ás dilixencias realizadas polo 092 e ao atestado do 091.  Por agora, das cinco persoas identificadas, foron arestadas tres que despois foron postas a disposición xudicial. Nestes momentos todas están en liberdade.

Tania Suárez / Ana Rod

Fonte: La Opinión