Axentes da Policía española detiveron tres persoas -dúas en Bizkaia e outra en Gipuzkoa- ás que acusa de utilizaren as redes sociais para «exaltar ETA e humillar as vítimas».

Segundo informou a Policía nun comunicado, a investigación -que foi coordinada polo Xulgado Central de Instrución número 1 da Audiencia Nacional- comezou cando axentes «detectaron numerosas mensaxes nunha rede social que pedían continuar coa loita armada de ETA até conseguir a amnistía e a independencia. Após a súa análise, os axentes afirman que as persoas investigadas eran moi activas nos seus perfís e contaban cun gran número de seguidores».

Despois de as identificaren, os axentes procederon ao arresto destas tres persoas e interviron os seus teléfonos móbeis.

Fonte: Naiz