Catro mossos, un deles un cabo en excedencia, e tres persoas máis foron detidos en Tarragona no cadro dunha operación contra unha empresa que vendía material confiscado en cultivos de marihuana e falsificaba para iso as actas de destrución. Os outros tres detidos son mossos en activo en Tarragona e foron arrestados no pasado 30 de novembro despois dunha investigación da División de Asuntos Internos (DAI), acusados os delitos de malversación e falsificación de documento oficial.

 

 

Agentes de los Mossos d'Esquadra y la Policía Nacional durante la entrada y el registro de la nave.Axentes dos Mossos d’Esquadra e a Policía española durante a inspección da nave (Europa Press)

 

Segundo informaron os Mossos d’Esquadra e a Policía Nacional nun comunicado, o resto dos detidos son un traballador e dous empresarios do sector da recuperación de metais de Tarragona e Viladecans(Barcelona). Os catro están sendo investigados polos delitos de malversación e contra a saúde pública. Axentes levaron a cabo catro entradas e rexistros en naves industriais dun polígono de Tarragona e nun domicilio situado en Cunit (Tarragona).

Un dos empresarios tería tentado vender un cargamento de marihuana depositado polas forzas de seguranza para que o destruíse. Despois, tería que facerlles chegar a acta de destrución, mais en lugar de destruíla, o empresario tentou procesar a marihuana para vendela.

No entanto, non conseguiu vender esta marihuana, coa que tería obtido un beneficio duns 200.000 euros no mercado ilegal. A súa empresa era moi usada polas forzas de seguranza para desmontar plantacións ilegais e, durante a investigación, achouse abundante material intervido que, en teoría, debía gardar nas naves como depósito xudicial até o xuíz autorizar a súa destrución.

Na práctica, este material era vendido, coas correspondentes falsificacións das actas de destrución, e voltaba a ser usado, moitas veces, noutras plantacións de marihuana. Na operación foron confiscados máis de 400 aparellos de aire acondicionado, 850 paineis de luces alóxenas, 130 paineis de luces led, e máis de 3.200 balastros sen foco, material que se sospeita amorearon nas plantacións ilegais de marihuana que a empresa desmantelaba por orde da policía e que debería destruír. Este tipo de material, segundo as policías que participaron na operación, a empresa vendíao e distribuía a terceiras persoas e, en moitos casos, voltaban a formar parte de novas plantacións de marihuana en todo o territorio.

Os investigadores comprobaron que a empresa recollía, transportaba e almacenaba sempre os aparellos con moito coidado para evitar danos que impedisen a súa posterior distribución. A empresa contaba tamén cunha nave específica, separada do resto e sen logotipos da empresa, onde o responsábel almacenaba este material e onde se facían as vendas de maneira privada.

Os tres mossos en activo detidos no pasado 30 de novembro están acusados os delitos de malversación e falsificación de documento oficial, pois quedaban con diñeiro procedente dunha intervención policial en que participaran e que deberían entregar á autoridade xudicial. Un deles tería extraído información das bases de datos policiais e tamén tería proporcionado información policial contra o tráfico de drogas a individuos relacionados co crime organizado, o que prexudicou varias investigacións en curso. A investigación foi conducida conxuntamente por axentes da división de asuntos internos dos Mossos e o Corpo Nacional de Policía (CNP).

El País