Varios millares de xovens secundaron as mobilizacións convocadas por Ernai nas capitais vascas para denunciar as sentenzas do Tribunal Supremo contra líderes independentistas e xovens de Altsasu. A Ertzaintza carregou en Gasteiz contra xovens que ocuparan as vías do ferrocarril e detivo 19 persoas. En Bilbo tamén houbo cargas.
.

.

Ernai-bilbo

                            Manifestación de Ernai en Bilbo. (Luis JAUREGIALTZO/FOKU)
.
.

Sob o lema «Ez dugu onartzen. Bota dezagun irentsi ez gaitzan», varios millares de xovens sumáronse ás manifestacións que levaron a cabo Ernai nas capitais do sul, entre outras localidades, e nos campus universitarios para mostraren o seu rexeitamento ás sentenzas contra líderes independentistas da Catalunya e contra xovens de Altsasu.

Denunciaron que nos últimos días “voltamos ver a cara máis inxusta do proxecto impositivo e retrógrado español”. “Inxusto, dicimos porque a lexislación fascista que se disfarza de xustiza deu pé á condena contra xovens de Altsasu e á condena do Procés”, acrecentaron, e sinalaron que “ante un réxime autoritario que non está disposto a mudar nada só resta unha opción: a independencia”.

Na capital alavesa, un grupo de xovens ocupou as vias do ferrocarril e, cando un cuarto de hora despois chegou a Ertzaintza e comezaron a retirarse, os ertzainas arremeteron contra as persoas que estaban nas vías a golpes e detiveron 19 delas, acusadas de “desordes públicas”. Mantivéronnas retidas na estacion e, despois de cortar as rúas Dato e Manuel Iradier, leváronnas en vehículos.

 

Ion Salgado@Ion_Salgado
Ver imagen en Twitter
En Bilbo tamén houbo momentos de tensión diante da subdelegación do goberno español, cando os xovens protagonizaron unha sentada e a Ertzaintza dispersou a concentración a golpe de porra.

Asier Robles@asierrobles
Ver imagen en Twitter

Asier Robles@asierrobles

Ertzaintzaren karga gobernu subdelegaritza aurrean, Bilbon.

Video insertado
Noutras localidades, como Laudio, Bortziriak e Iruñerria tamén houbo concentracións, ben como nos campus da UPNA e de Leioa e en varios institutos.
Ernai convocou mobilizacións en Gasteiz e en Donostia para denunciar as detencións. A cita é ás 19:30. Tamén está prevista unha manifestación que percorrerá as rúas de Iruñea.

En Donostia, una de las columnas de la manifestación ha partido de la zona de las Universidades, para confluir en el Boulevard, desde donde la marcha ha recorrido las calles céntricas de la ciudad entre gritos y consignas en favor de la libertad de los políticos catalanes condenados y la independencia. Los manifestantes, vigilados por varias dotaciones de la Ertzaintza y la Guardia Urbana, portaban ikurriñas y banderas catalanas indepdendentistas.

En otras localidades como Laudio, Bortziriak e Iruñerria también ha habido concentraciones, al igual que en los campus de la UPNA y de Leioa y en varios institutos.

Ernai ha convocado movilizaciones en Gasteiz y en Donostia para denunciar las detenciones. Las citas tendrán lugar a las 19.30. Además está prevista una manifestación que recorrerá las calles de Iruñea.

Naiz