A Universidade de Santiago de Compostela organiza un curso (“Diálogos co Mundo Árabe: Os Dereitos Humanos”) no marco da súa Universidade de Verán 2022 e dirixido a estudantes da USC e público xeral. O curso contará coa presenza de relevantes analistas da situación da Palestina sob a ocupación de Israel -Ilán Pappé, Omar Barghouti, Sahan Francis, Fátima Rashid, Jesús A. Núñez, Santiago Alba Rico e Mohamed Safa- e terá lugar entre oss días 6 e o 8 de setembro.