.
.

CDR1

 

E a neurona explicoume todo: Son, si, e tanto! Xa tiñan os explosivos e todo. E a Garda Civil rexistrara as conversas que o probaban…

 

CDR1A

… e o President Torra formaba parte do comando de maneira moi activa.

 

CDR2

 

Olla, se estaría implicado o President co comando que tiñan preparado secuestrar o Parlament e proclamar a República.

 

CDR2A

 

Ah, e a arma que aparece na foto desta primeira páxina do ABC, e que tamén publicaron outros xornais, tiña un 158,83% de probabilidades de ser de verdade. O máis!

 

CDR13

 

Total que, como confirmaba Alvise Pérez, prestixioso colaborador do non menos prestixioso e reputado xornalista de investigación Javier Negre, Torra colaboraba cos perigosos terroristas.

 

CDR3

 

 

Mais, claro, os Mossos non sabían nada de todo isto porque Torra traballaba como axente duplo. De noite estaba cos terroristas fabricando as bombas e de dia encubríaos. E iso sabíao toda a xente.

 

CD12

 

E, entretanto, unha das principais asociacións da Garda Civil descubría máis cousas. Por exemplo que neste comando, xunto con Torra, tamén estaba Carles Puigdemont preparando cartas bomba.

 

CDR6

 

Vé se estaban ben preparados -continúa explicándome a neurona- que os terroristas tiñan termita (xa misturada) e cloratita, que non misturaran ainda. Posibelmente porque se lles avariara o miniprimer…

 

 

CDR8

 

E tamén tiñan outros explosivos que non acababan en ‘ita’, como amonal…

 

CDR9

… e mesmo a famosa GOMA 2!

CDR7

 

Mais o que os tornaba máis perigosos era a súa experiencia, xa que treinaban aproveitando a experiencia doutras bandas terroristas como ETA ou Terra Lliure.

 

CDR14

 

E fíxate canta razón tiñan  -lémbrame nesta altura a neurona-, que minutos despois das detencións, a principal asociación de xuíces española deu por boa a información sen ningún tipo de dúbida.

 

CDR4

 

Paralelamente, políticos de prestíxio internacional levantaban a voz para estender a acusación de terroristas a todos os independentistas…

 

CDR5

 

E outros grupos de defensores da liberdade e a democracia aproveitaban ter sido impedido un ataque terrorista para pedir cartos.

 

CDR16

 

Pena foi que un mes despois das detencións destes perigosos terroristas resultou que os perigosos terroristas, dirixidos por Torra e Puigdemont, e que tiñan todo tipo de explosivos preparados para atentar contra obxectivos xa decididos, enviar cartas bomba e tomar o Parlament para proclamaren a República… pois… ben… xa non tiñan explosivos…

 

CDR10

 

Pouco despois, un día calquera, en tanto ían deixando libres todos os perigosos asasinos por falta de probas, pasou unha cousa moi curiosa: alén de non teren explosivos, xa nin terroristas eran. Iso sí, como esta noticia era un pormenor sen importancia, foi publicada en letra moi pequena. Non fose que…

 

CDR FINAL

 

Nove meses despois, xa ningúen lembra nada, ninguén sabe nada, e non pasou nada. A vida continúa e, escoitade, como di a miña neurona: se non queres ser detido na casa calquera día acusado de ser un terrorista perigoso que prepara atentados coa colaboración de dous presidentes da Generalitat, fai o favor de comportarte. E, sobretodo, non teñas ideas nefastas e que incomodan, hò. Que por culpa túa afinal acaban despedindo do seu cargo reputados servidores públicos que traballan sen descanso en favor da verdade.

Iu FornIu Forn

El Nacional