Este decreto é unha revisión 2.0 das Leis Mordaza que promoveu o goberno de Mariano Rajoy, o cal xa era unha nova reviravolta á Lei Sinde do último goberno de Rodríguez Zapatero. No fondo todas teñen a mesma idea: o goberno no poder cánsase de ter que pedir permiso a un xuíz para facer algo ilegal e de que o xuíz o mande tomar baño. Así que optan por lexislar; tiran ao xuíz da ecuación e fan o que antes non lles deixaban. Grazas á Lei Sinde poden fechar páxinas de ‘pirataría’ aínda que non haxa ánimo de lucro, coas Leis Mordaza facían ilegal o dereito básico ao protesto non violento e agora co Decretazo Dixital poderán fechar webs que conteñan información de disidentes, de sindicatos, de colectivos polos dereitos sociais, de colectivos polos dereitos das persoas migrantes, etc.

 

 

 

Con este decreto o goberno poderá cortar redes e comunicacións (non só internet) cando eles determinen que hai unha ameaza para a orde pública ou cando estimen que poidan ser xerados graves problemas económicos a outros fornecedores ou usuarios de redes ou servizos de comunicación. No caso dos cortes de redes de comunicacións, hai que ter en conta o nivel de complexidade e a grande cantidade de información que se obtén destas redes, o que posibilitaría actuacións moi concretas, como cortar a conectividade a un número concreto de teléfono ou a todos os teléfonos que estiveren localizados nunha área concreta, por exemplo na Porta do Sol de Madrid o 15 de maio de 2011. Neste redactado non só cabe a ‘República Dixital Catalá’, cabe moita máis xente; neste redactado cabes ti, sexas quen fores.

Cando unha sección sindical, unha asemblea de traballadores e traballadoras ou un comité de empresa promova unha greve por motivos laborais nunha empresa, especialmente nalgunha pública como pode ser RENFE, ADIF, Enaire ou nalgunha privada mais cuxo servizo é considerado ‘importante’ como pode ser calquera teleco, o goberno poderá ordenar o encerramento da web e mesmo o encerramento das comunicacións nunha zona determinada; por exemplo, onde estiver localizado o sindicato convocante.

Cando un colectivo prepare unha greve xeral, por exemplo o movemento 8M, o goberno poderá fecharlles as páxinas web.

Cando un grupo ecoloxista prepare unha mobilización frente a unha central eléctrica de carbón ou nuclear, o goberno poderá fecharlles a páxina web e cortar as comunicacións na zona en cuestión.

Cando vaia haber unha mobilización, a que sexa, o goberno poderá cortar a conectividade con Telegram, WhatsApp, como fixeron gobernos tan ‘democráticos’ como o turco, o chinés ou o ucraíno.

 

 

.
.
E despois haberá que denunciar o estado ante un xuíz, e ir a xuízo, e agardar. Agardar moito. E aínda que despois o xuíz sentencie favorabelmente, o dano xa estará feito. A greve será un fracaso, o colectivo estará desmovilizado, as forzas terán desvanecido e un xuíz dirá que tiñas razón e que o goberno non tiña dereito a fechar a túa web.Por este motivo é importante que a información divulgada. Alén de que organizacións xudiciais denuncien este real decreto por inconstitucional, debemos divulgar nos nosos contornos o que esta lei significa. No traballo, entre as túas amizades, coa familia. É importante porque esta lei te afecta, queiras ou non, tanto como te afectan as Leis Mordaza.

cgtinformática