Javier Romañach é a persoa que cuñou, xunto con Manuel Lobato, o termo diversidade funcional para substituir o de minusvalía e discapacidade. A Lei de Promoción da Autonomía Persoal, coñecida como Lei de Dependencia, dá nesa altura os seus primeiros pasos mais ainda é negada por sistema a plena cidadanía ás persoas con diversidade funcional.

Diversidad funcional: El derecho a vivir de forma independiente | Patricia Hidalgo                     Patricia Hidalgo

 

 

 

“É imposíbel que as nosas vidas sexan nosas se nin sequera podemos decidir sobre como vivimos o noso corpo dun punto de vista sexual e a partir de aí poder establecer vínculos con outras persoas, afectivos e eróticos”, di Antonio Centeno no Congreso dos Deputados, onde fala da asistencia sexual, un apoio para acceder ao propio corpo “que compre non confundir”. “O asistente sexual non é unha persoa coa que ter prácticas sexuais, senón alguén que che dá o apoio necesario para que teñas sexo contigo mesmo ou con outra persoa que non é o asistente. Isto é habitual cando as dúas persoas que queren manter relacións sexuais teñen diversidade funcional e necesitan de axuda para realizar determinados movementos. Se unha persoa con diversidade funcional xa ten acceso ao seu propio corpo non necesita asistencia sexual, do mesmo xeito que hai persoas con diversidade funcional que non necesitan asistencia persoal”.

 

“É imposíbel que as nosas vidas sexan nosas se nin sequera podemos decidir sobre como vivimos o noso corpo dun punto de vista sexual”

 

A porta-voz do grupo socialista na comisión, Marisol Pérez, responde á intervención de Centeno cun si ‘clarísimo’ á desinstitucionalización, mais “cando se poida e cando a persoa, ou a persoa cos apoios necesarios dos familiares e técnicos, así o aconsellen e decidan. Hai que dar á xente a opción de elixir, igual que coa educación inclusiva. (…) Onde está vostede sentado houbo outros comparecentes que nos reclamaron que deixásemos aberta a porta para elixir”.

O porta-voz do grupo popular, Carmelo Romero, apela tamén á liberdade: “Eu creo na liberdade tanto para desenvolver a vida independente como para que quen o desexe estea nunha institución”.

A estas arengas Centeno responde: “É moi difícil estar en contra da liberdade. Eu estou a favor da liberdade. O único posíbel límite á liberdade é a lei. Hai malas noticias para os defensores das institucións. A lei internacional á que España adheriu di que hai que acabar con elas, fechalas. Se alguén elixise ser escravo non o deixariamos. Se alguén elixe vivir da maneira que describiamos antes non debemos deixalo, debemos traballar para ofrecerlle alternativas e que todo o proceso social, psicolóxico e familiar que leva a pensar que esa é a única alternativa, non ocorra. A lei non é ambigua, é moi clara, di que hai que fechar todas as institucións e ofrecer apoios para que a persoa estea na súa contorna. O mandato non di escolas ordinarias con inclusión e algunhas especiais para quen queira. Non di iso. Di educación inclusiva con medios adecuados e di non á institucionalización”.

MARGA TOJO

Público