Segundo unha queixa presentada xunto da Sindicatura de Greuges, o director do establecemento prisional comunicoulle que fora investigado polo Departamento de Xustiza e que “se quería continuar traballando nos cárceres, fose con mais tino e coas afirmacións que facía en público”.

 

A cadeia Mas d’Enric é a maior das comarcas de Tarragona / Arxiu

 

A intervención sobre o sistema prisional que Arnau Esteban fixo no programa dun obradoiro de ràdio cando era docente no establecemento prisional Mas d’Enric non agradou aos responsabeis do departamento de Xustiza da Generalitat de Catalunya. Así llo manifestou o director do cárcere en xuño de 2020 no seu despacho. Pararan catro meses desde a emisión do programa e Esteban voltaba ao traballo despois do primeiro período de confinamento pola Covid, que supuxo un paro de todas as actividades formativas e de lecer nas prisións. Segundo relata, aquel mesmo día viuse coa directora docente do Centro de Formación de Persoas Adultas Pau Casal na cafetería da prisión. “Cando me presentei, díxome que non puidera dicirme nada antes porque así llo ordenaran e acompañoume ao despacho do director da cadea, Francisco Romero Beitia”.

 

Cando aconteceron os feitos, hai agora dous anos, Esteban pensou dalos a coñecer aos medios de comunicación e as redes sociais, mais recoñece que o temor a perder o traballo acabou por o disuadir.

Conforme á queixa que Arnau Esteban presentou perante o Síndic de Greuges, o director do cárcere comunicoulle que fora investigado pola Área de Información en Materia de Seguranza do Departametno de Xustiza despois dunhas afirmacións “que non agradaran” no cadro do programa que fan os presos desde o obradoiro de radio. A partir desta suposta investigación, terían descuberto que Esteban fixera “múltiplas manifestacións públicas (radio, tertulias, redes sociais) contrarias ao sistema penal e xudicial”, que tiña “contactos e amizade co persoas ou entidades defensoras dos dereitos humanos, así como con grupos anarquistas e anti-sistema”. O docente especifica que o director enfatizou a súa relación con Iñaki Rivera, director do Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans (OSPDH), así como cunha persoa privada de liberdade con quen tiña moi boa relación e a quen a OSPDH fixera acompañamento.

Segundo asegura Esteba no seu escrito ao Síndic, o director informouno tamén que desde o Departametno de Xustiza se “presionara” para que non continuase traballando nos cárceres, mais que grazas á defensa que a directora docente fixera del, como bo mestre, “conseguiran frealo aquí”. Mesmo así, Esteban lamenta que Romero Beitia lle advertise que se quería continuar traballando nas cadeas, “fose con tino e coas afirmacións que facía en público”.

Nun primeiro momento, Esteban pensou en facer público todo isto, nos medios de comunicación e nas redes sociais, mais recoñece que o temor a perder o traballo o disuadiron apesar de saber que se trataba de “coaccións inaceptabeis”. Agora as circunstancias mudaron porque no mes de marzo deixou o traballo en Mas d’Enric e decidiu facelo público.

 

Xustiza recoñece que se informou das “manifestacións críticas co sistema prisional”, mais aseguran que “sen a comunicación desta información tivese consecuencias no seu labor no centro” 

 

Ainda que o Síndic non admitiu a trámite a queixa porque decorrera máis dun ano dos feitos comunicados, intou Esteban a solicitar a suposta documentación da investigación citada. Desde o departamento de Xustiza aseguraron que aÁrea de Información en Materia de Seguranza non levara a cabo “ningunha investigación” nin abrira “ningunha dilixencia informativa sobre o requerente”. Embora fontes do departamento, consultads pola Directa, reiteraron que “non había ningunha investigación sobre esa persoa”, recoñecen que “no cadro das tarefas de análise e investigación que se levan a cabo internamento nos cárceres por cuestión de seguranza, e que non ten nada a ver co profesional docente, comunícase que, no cadro dunha actividade pública (un programa de radio) foron feitas alegacións que poden ser de interese para este labor”. Recoñecen que se informou das “manifestacións críticas co sistema prisional”, mais aseguran que “sen que a comunicación desta información teña ningunha consecuencia no seu labor no centro nin fose comuncada ao Departamento de Educación”.

Nun informe, a demanda do inspector do departamento de Educación, a directora do CFA Pau Casals -que estivo presente naquela reunión no despacho do director de Mas d’Enric- confirma o relato de Esteban. Segundo a directora, no inicio do mes de xuño de 2020, Francisco Romero chamouna para explicarlle que recibira unha información sobre un dos mestres do CFA, concretamente por “unhas manifestacións non adecuadas nun programa de radio realizado no Centro Prisional”. Na reunión, a directora confirma que Romero Beitia expuxo que a información chegara da AIS, que foi citado o profesor de dereito penal Iñaki Rivera e que dixo que “non podía facer estas manifestacións diante de internos, que non eran adecuadas”. Alén diso, acrecenta no informe, “manifestoulle que eu dixera que era un bo profesional, que por iso quixera ter esa conversa con el e evitar así que o tema fose a máis e puidese continuar traballando no CFA de Mas d’Enric”.

Esteban conseguiu que Educación elaborase un informe -asinado polo director de Servizos Territoriais Joan Manel Audi Gil- que inclúe o tetemuño da directora do CFA, mais conclúe que “non existe ningún motivo polo que o Departamento de Educación teña de intervir no contido dos feitos, dado que fai referencia á normativa interna de funcionamento do centro prisional do Departamento de Xustiza e, portanto, non afecta directamente o bo funcinamento do CFA Pau Casals”.