A fiscalía pede tres anos de cárcere para os funcionarios que supostamente deron unha malleira ao preso na súa cela durante sete minutos, até o deixaren semi-inconsciente e voltaron ao cabo de poucas horas para bater nel outra vez. A acusación pública considera que os dous traballadores son responsábeis dos delitos de tortura e lesións e pede para cada un deles unha pena de tres anos de prisón, multa de 360€ e inhabilitación absoluta para o exercicio da profesión durante 12 anos.

.

.

El parricida de Arcos condenado por asesinar a su bebé, durante el juicio con jurado celebrado en noviembre de 2019.

O preso supostamente torturado durante un xulgamento en novembro de 2019. VANESA LOBO

.

.

Cando ficaron os tres sós dentro da cela, os funcionarios “conscientes da súa posición de superioridade e co obxectivo de lle aplicar un castigo severo polos feitos que [o preso] cometera, comezaron a propinarlle pontapés e puñadas por todo o corpo en tanto berraban: “Fillo de puta, matache unha crianza de nove meses, bateche nunha muller inválida e matáchelle o bebé de tres meses que levaba na barriga”.

En tanto recibía as pancadas, apunta a acusación pública, o interno imploraba que “non o espancasen máis”, súplicas non atendidas polos agresores, que ficaron na cela sete minutos até o deixaren semi-inconsciente deitado no chan e ensanguentado. A seguir, ordenaron ao preso de apoio entrar na cela e facerse cargo del.

Horas despois, por volta das 02:45, os mesmos funcionarios voltaron á cela “guiados por idéntico ánimo que a vez anterior”. Segundo a calificación fiscal, nesta ocasión un dos empregados prisionais fico fora para vixiar, en tanto o outro entraba na cela. Unha vez dentro, deitou o preso ao chan e comezou a lle dar outra vez puñadas e pontapés por todo o corpo.

O preso conseguiu por un momento repelir a agresión ao atirar un pontapé ao funcionario co que lle partiu o reloxio de pulso que levaba, o que provocou que este ainda se enfurecese máis. O traballador de Puerto II “comezou unha nova ronda de pontapés reiterados” até o interno de apoio lle suplicar que parase.

Despois o funcionario marchou co seu compañeiro, que vixiara e observara “impávido” todo o que acontecera dentro da cela, afirma a Procuradoría nas súas conclusións.

Na mañá seguinte, o educador e a psicóloca de Puerto II encontraron o preso deambulando descalzo, coa ollada perdida e o corpo cheo de hematomas. Tivo de ser levado á enfermaria do cárcere e despois ao Hospital de Puerto Real.

Máis tarde foi transferido ao centro penitenciário de Morón, en Sevilla, onde permanece despois de ter sido xulgado e condenado a 23 anos de internamento nun cárcere psiquiátrico.

JULIA ALARCÓN

Diario de Cádiz