A asociación de avogados Drets anunciou que estudará o confisco de camisolas amarelas na entrada do final da Copa do Rei de futbol entre o Barça e o Sevilla. Segundo a asociación, “ningunha lei nin código penal prohibe as cores” e o feito de ordenar que sexan confiscada supón unha grave vuleneración de dereitos fundamentais. “Estudaremos casos concretos para denunciar os que deron as ordes”, aseguran.
Aliás, a asociación lembra que non é legal confiscar esteladas, xa que hai unha sentenza dun xulgado de Madrid que ampara a súa exhibición en recinto deportivos, polo que anuncia que tamén investigará casos en que a bandeira pudese ter sido apreendida.
No pasado sábado, seguidoras e seguidores blaugranas viron como axentes da policía española e dos servizos de seguranza do estadio Wanda Metropolitano lles confiscaban camisolas amarelas, esteladas e faixas alusivas á prisión de dirixentes da Catalunya argumentando que non podían entrar con símbolos políticos no campo.
Fonte: El Nacional