“Querían enterralo vivo”, quéixanse os familiares do preso que tres médicos (dous do centro penal e a forense de garda) deron por morto e “resucitou” na mesa de autopsias.

 

Resultado de imagem para gonzalo montoya muerto carcel asturias resucitado

 

Os familiares mostráronse indignados. “Isto é unha neglixencia médica”, claman indignados os familiares de Gonzalo Montoya, o preso que tres médicos (dous do centro penal e a forense de garda) deron por morto e “resucitou” na mesa de autopsias. E ven en todo o asunto un punto de racismo. “Eu tamén estiven no centro penal e trátannos como cans por sermos xitanos. Se estás mal danche un ibuprofeno e mándanche para a cela”, asegurou un primo do preso condenado a tres anos e medio de cárcere por roubar ferro-vello.

Gonzalo Montoya leva tres anos encerrado e a familia non se sorprende da tentativa de suicidio por canto, explican, ten un complicado historial psicolóxico e varios intentos previos. “Esta vez tomou un bote de pastillas da medicación”, explica unha familiar. “Alí en Villabona tomábaas para os nervos, para durmir. Ten claustrofobia e ataques epilépticos, non pode estar encerrado nunha cela, e había tres días que ao seu compañeiro saíra en liberdade e el angustiouse moito…”.”

Visto este historial, resulta sorprendente que manexase un bote de pastillas, segundo asegura a familia. “Cada vez que ía comunicar co meu fillo mostrábamas, seguramente lle dan para 15 ou 20 días. Colleunas e comeunas todas, moitísimas”, di o pai.

 

Familiares de Gonzalo Montoya esperan noticias en el exterior del Hospital.                                           Familiares de Gonzalo Montoya à espera de noticias sobre o seu estado de saúde.

 

Responsabilidades

Ás dúbidas sobre as razóns que puideren explicar por que Gonzalo Montoya foi deixado encerrado só nunha cela e tiña no seu poder un bote de pastillas apesar de os seus padecementos e as tentativas de suicidios anteriores aconsellaren a aplicación do protocolo de suicidios, así como a actuación dos médicos en prisión cando foi dado por morto, Institucións Penitenciarios limítase a responder: “como acontece con calquera incidente en prisión, foi aberta unha investigación para o esclarecemento dos feitos”.

Fontes: El Mundo / La Nueva España