Ao igual que ten feito o goberno ou as a Dirección Xeral de Policía a preguntas de organizacións como BNG ou colectivos como Dereitos Civís sobre a requisa de ‘estreleiras’, recoñecen que a ‘estelada’ non é unha bandeira prohibida. “Por si soa non supón ningunha infracción da Lei 19/2007 contra a violencia, o racismo e a xenofobia no deporte”. Iso si, engaden, dependendo do contexto (lugar, condicións…), exhibir esa bandeira pode xerar reaccións contrarias na afección rival, polo que a ‘estelada’ pode ser retirada para evitar “mal maior”. Un argumento que tamén se ten dado a respecto da bandeira galega coa estrela vermella.

Tal e como sinalan en Nació Digital, na resposta do executivo español esclarecese que as propostas de sancións orixinadas por levar bandeiras independentistas non o son por estes feitos, senón por viren acompañadas doutros comportamentos sancionábeis por lei, como negativas a seguir as indicacións dos axentes ou da seguranza privada.

Fonte: Sermos Galiza