Policía Nacional en el Instituto Ramon Llull de Barcelona.                                                             Policía Nacional no Liceu Ramom Llul de Barcelona

Desta feita, máis unha vez, unha organización de dereitos humanos condena o uso da violencia das forzas de seguranza que foron transferidas a Catalunya con motivo da celebración do 1-O. No mesmo día, a condena da sociedade civil, do Govern e de varias ONGs ao uso da forza fora unánime. Mesmo chegaron a pedir unha investigación sobre a actuación dos axentes dentro e fóra dos centros empregados como colexios electorais. “O alto comisionado de Nacións Unidas urxiu ás autoridades españolas a levar a cabo unha investigación completa, independente e imparcial sobre todos os actos de violencia”, lembra HRW no seu relatorio.

En paralelo á presentación do documento, o ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido, compareceu este mesmo día na Comisión de Interior do Senado, onde dixo lamentar “como o que máis” o número de persoas feridas pola actuación da Garda Civil e da Policía Nacional o pasado 1-O, aínda que insistiu en en culpar a “absoluta pasividade e nula colaboración” dos Mossos d’Esquadra, así como a Generalitat presidida por Carles Puigdemont, quen censurou por “soliviantar as rúas para simular unha lexitimidade democrática de que carecían as súas decisións”. “En ningún caso”, afirmou, “tivo como obxectivo os votantes”.

“Unha resistencia pasiva organizada que, na maioría das ocasións, obrigou a unha intervención laboriosa e, nalgúns casos, derivou nunha maior virulencia das persoas parapetadas, especialmente unha vez que a forza actuante se preparaba para abandonar o lugar”, afirmou.

Novas críticas á política migratoria

Ademais da actuación policial durante a celebración do referendo en Catalunya, a organización inclúe no seu relatorio novas críticas ao trato que se dá á inmigración no Reino de España. Lembrando os ataques terroristas que tiveron lugar en agosto de 2017 en Barcelona e Cambrils, HRW lembra o perigo de caer na “islamofobia”, e faino con exemplos como a agresión a un neno marroquino de 14 anos aos poucos días de se perpetraren estes atentados.

Resultado de imagem para migrantes melilla ceuta

Doutra banda, HRW lembra o “significante aumento” de chegadas de inmigrantes ás costas españolas, que recibiron 16.000 persoas no primeiros dez meses de 2017, segundo a organización. Outras 5.000, ademais, tentaron chegar atravesando os valos de Ceuta e de Melilla.

Mais, alén diso, insiste novamente HRW na vulneración de dereitos humanos que supoñen as devolucións en quente, apoiadas polo Senado no pasado mes de novembro, cando a Cámara Alta rexeitou, cos votos en contra do PP e a abstención do PSOE, unha proposición de lei de Unidos Podemos que pretendía eliminar a permisividade dos rexeitamentos en fronteira contemplados na Lei de Estranxeiría.

Resultado de imagem para refugiados

O incumprimento das cotas de acollida de refuxiados, por último, volve ser obxecto de críticas. A día 26 de setembro, cando terminaba o prazo de dous anos durante o cal o noso país debía recibir a 17.337 persoas, chegaran tan só 1.983. Este feito provocou que o Congreso dos Deputados reprobase o ministro Zoido e o titular da carteira de Exteriores, Alfonso Dastis.

Fonte:  InfoLibre