El Salvador: Bukele inaugura xigantesca cadea para encerrar ‘terroristas’

Desde que no mes de marzo de 2022 se instaurou en El Salvador o réxime de excepción foron feitas prisioneiras 62.975 persoas.
.
.
Foto: Twitter / Nayibbukele

 

 

O presidente de El Salvador, Nayib Buele, inaugurou  o Centro de Confinamento do Terrorismo, que albergará máis de 40.000 persoas e será custodiado por 600 soldados das Forzas Armadas e 250 efectivos da Policía Nacional Civil.

O anuncio foi feito na pasada terza-feira através dunha mensaxe vídeo-grabada en que o mandatário salientou que antes do seu Goberno “en lugar de castigaren o malo, castigaban o bó, premiaban o delincuente”.

 

 

O novo cárcere está situado nunha zona afastada da poboación no concello de Tecoluca no departamento de San Vicente, no leste da capital do país. O complexo cobre unha área de 236 cuarteiróns ou 1.645 kms, case sete veces o tamaño do Estadio Cuscatlán, a arena de fútbol máis emblemática de El Salvador.

O centro dispón de pavillóns para o confinamento das persoas presas, un almacén de armas e equipamentos de seguranza, e unha fábrica onde as persoas privadas de liberdade poderán asistir a máis de 600 obradoiros, entre eles de pintura, pupitres, téxtil, etc.

 

 

Para garantir a seguranza do presidiio hai un espazo desde o cal é controlado o acceso de visitantes de fora, equipado cun sistema de escáner de corpo completo, un escáner de paquetes e un arco metálico. Tamén está previsto que o presídio sexa vixiado por cans de garda, polo que foi edificado un lar para os animais.

Así mesmo foi construído un edificio para administración da xestión operativa do complexo e outro eificio de custodios.

 

 

Desde que o Goberno instaurou o réxime de excepción en marzo de 2022 para capturar todas as persoas sospeitosas de xeraren violencia no país, as autoridades confiscaron 2.200 armas de fogo e prenderon 62.975 supostos terroristas, segundo os números di Ministerio de Xustiza e Seguranza Pública.

A medida sobrecarregou o espazo disponíbel nos centros prisionais de El Salvador nun 358%.

A estratexia de seguranza implementada polo Goberno foi criticada por múltiplas organizacións, que acusan as autoridades de cometeren violacións dos dereitos humanos.

RT