Institucións Penitenciarias confirmou a morte de máis dous presos nos últimos meses. Estes supostos suicidios elevan a tres a cifra de falecidos no cárcere de Zaballa (Araba) no que vai de ano. As mortes producíronse unha en febreiro e outra hai apenas dous días. Á espera de que se pronuncien as autoridades xudiciais, en ambos os casos atribúese a morte a «supostos suicidios».

 

Zaballa

 

Estas mortes súmanse á denunciada por Salhaketa no pasado mes de xaneiro, cando faleceu un biscaíño de 28 anos a consecuencia dunha sobredose. Compre lembrar que Salhaketa propuxo na altura unha batería de medidas para acabar coas mortes en prisión, entre as que figura «que o Ministerio Fiscal non se inhiba e investigue sempre de oficio estas mortes, co din de depurar as responsabilidades políticas, administrativas e penais que se desprenderen destes feitos».

Así mesmo, reclamou «que as direccións das prisións informen con imparcialidade as familias e non se limiten a procurar que o cadáver sexa incinerado para poder evitar autopsias posteriores que puderen esclarecer as circunstancias en que se produciron as mortes». Tamén pediu que sexan facilitados ás familias todos os apoios necesarios para estas poderen solicitar as responsabilidades civís e penais que se desprenden do mal funcionamento da Administración xudicial».

Alén disto, esixiu medidas de substitución da fase procesual e suspensión condicional da condena en fase executoria polo cumprimento de programas de deshabituación de drogodependencias; a inmediata excarceración das persoas gravemente doentes; e a reforma da lexislación penal e prisional que «prolonga innecesariamente as condenas e restrinxe o acceso a autorizacións de saída, terceiro grao e liberdade condicional».

Naiz