Á vista das ampliacións do atestado, onde se fai referencia a existencia dun posíbel erro na identificación, a xuíza entendeu que non se xustifica o mantemento da prisión provisoria.

 

Resultado de imaxes para Jurgen W.K. porriño

 

Á vista das ampliacións do atestado presentadas pola Garda Civil, onde se fai referencia a existencia dun posible erro na identificación, a xuíza entendeu que no momento actual, e á vista da mudanza de circunstancias, non se xustifica o mantemento da prisión provisoria de Jurgen W.K.

Polo momento, e até que se realicen en sede xudicial diversas dilixencias de investigación pendentes, este home permanece en calidade de investigado na causa e terá que comparecer nos xulgados cada quince días.

O pasado día 10, o mesmo xulgado decretou prisión provisoria comunicada e sen fianza para Jurgen W.K., de 29 anos, acusado dun delito de homicidio á espera de realizar novas dilixencias.

Galiciaé