Os feitos producíronse en abril de 2010, na praza madrileña de Callao. Ao parecer, os dous axentes de policía á paisana arrestaban unha muller que lles pediu explicacións por unha detención anterior e que aseguraba ser xornalista, aínda que non levaba documentación comprobativa. Nese momento un mozo achegouse ao lugar e comezou a consultar o seu celular, motivo polo cal os axentes lle chamaron a atención, crendo que estaba gravando a detención dunha amiga.

 

 

O mozo saíu correndo, mais os axentes alcanzárono e reduciron perto dun estacionamento da rúa do Barco. Os policías comezaron a darlle golpes por todo o corpo e ainda se uniron á malleira varios membros do Corpo Nacional de Policía (CNP) que estaban na zona.

Compre engadir que, alxemado e espancado, o mozo foi conducido á comisaría de Leganitos; horas despois foi posto en liberdade. O agredido sufriu lesións de diversa consideración que non desapareceron do corpo até pasados máis de seis meses da malleira. O primeiro fallo da Audiencia Provincial de Madrid condenaba os dous axentes implicados a tres anos e tres meses de prisión por un delito de detención ilegal e outro de lesións.

Pois ben, o Tribunal Supremo decidiu agora deixalos en liberdade cunha multa de 1.360 euros. Os policías non deberán cumprir obrigatoriamente a pena de prisión (é obvio que de forma voluntaria tampouco o van a facer). Iso si, debido aos danos físicos e morais, deberán indemnizar a vítima con 10.000 euros.

Xa o ven: “a xustiza é igual para todos”.

Insurgente