A Ertzaintza retirou este domingo das txosnas de Gasteiz fotos de persoas vascas presas, segundo informou o Departamento de Seguranza do Goberno de Lakua. A retirada das imaxes tería sido levada a cabo na carpa de Kalera Kalera, que traballa a favor dos dereitos desas persoas e a súa posta en liberdade. Tamén terían irrompido na Gazte Karpa, que aglutina varios colectivos xuvenís, segundo explicou a radio popular Ala Bedi mediante un post en Facebook.

A Ertzaintza irrompeu este domingo nas txosnas de Gasteiz para retirar fotos de persoas vascas presas políticas, segundo informou o Departamento de Seguranza do Goberno de Lakua e na Gazte Karpa, que aglutina a varios colectivos xuvenís, segundo explicou a radio popular Ala Bedi mediante un post en Facebook.

No mesmo, tanto Kalera Kalera como Gazte Karpa advirten ao PNV de que van volver pór as fotos e a «gritar máis alto» que queren as persoas presas vascas en casa.

Ler máis.