Escrito de EsCULcA ao DP por vulneración de dereitos fundamentais a preso en Teixeiro

Os días 21 e 27-09-2018, FJSR foi conducido a comunicar con letrados coas mans alxemadas nas costas e obrigado a permanecer así durante o tempo que durou a comunicación sen motivo que pudese xustificar tan extrema medida: non existía risco de fuga nin posibilidade de inflixir danos a terceiros ou a si mesmo. FJSR era o único interno que comunicaba e os funcionarios estaban protexidos nun cubículo envidrazado a distancia do penado.