O próximo sábado dia 21 – ás 12:00 do mediodía EsCULcA celebrará un acto público na Praza do Toural de Compostela en defensa da Liberdade de Expresión.

 

 

O acto será presentado pola actriz Isa Risco e a música correrá por conta de Leo i Arremecaghona.

Ven ao Toural e exerce, na intimidade e anonimato dun WC público, o teu dereito a expresar aquilo que sempre quixeche dicir e sempre te obrigaron a calar. O teu sentir, o teu pensar, o teu querer. Sen medo e sen censura.