O pasado 8 de maio, EsCULcA dirixiuse ao Defensor del Pueblo para demandar a abertura de expediente de Queixa en relación á infidelidade na custodia e revelación de datos persoais e penitenciarios de persoas galegas presas no cárcere de Zuera (Zaragoza). A vulneración do dereito á honra e á intimidade (Arts. 18.1 e 4 da CE) destas persoas é unha práctica delituosa e reiterada, afirma EsCULcA no seu escrito, que o observatorio non deixará de denunciar.

 

Autobuses de Zaragoza a la cárcel de Zuera

 

“Temos de sinalar que a presente Queixa non discute nin impugna o dereito dos medios de comunicación de transmitir información á opinión pública no exercicio do dereito constitucional de información” -argui EsCULcA- “Ora, a administración prisional é custodio de datos de penados e preventivos aos fins que lle confere o ordenamento prisional… e entre eles non está dar información pública”.

Demanda portanto o observatorio se abra expediente para apurar a responsabilidade da Administración prisional na revelación pública de datos, algúns deles especialmente protexidos, con infracción do dereito das persoas referidas á intimidade persoal e á honra.

Tamén demanda EsCULcA ser informada das resolucións, mesmo en curso, que no procedemento se ditaren.

O 13 de maio, EsCULcA enviou copia da Queixa ao Defensor del Pueblo ao Secretario Xeral de Institucións Penitenciarias.

Noticia anterior.