EsCULcA enviou aos grupos do Parlamento Galego relatórios sobre actuacións policiais nos actos públicos do partido político Vox durante a campaña para as eleccións do pasado 12 de xullo e na noite do 24 ao 25 de xullo deste ano, cando foi impedida a saída da Rondalha. Os dous relatorios foran enviados o 7 de setembro ao Delegado do Goberno co pedido de esclarecementos sobre as instrucións que respaldaron estas intervencións.

UPYD Galicia registra una petición para que el Parlamento ...

 

No seu escrito, o observatorio manifesta aos grupos do Parlamento que tanto durante a campaña das eleccións ao Parlamento de Galiza de 12 de xullo de 2020 como na marcha que estaba previsto realizar na noite do 24-25 de xullo deste mesmo ano en Santiago de Compostela, denominada Rondalha polos colectivos convocantes, EsCULcA observou e/ou tivo coñecemento de importantes infraccións dos principios de necesidade, proporcionalidade e neutralidade na actuación das Forzas e Corpos de Seguranza do Estado, infraccións que recolle nos documentos enviados en anexo:

Relatorio sobre actuacións policiais en actos públicos de Vox – Campaña eleccións ao Parlamento 12 de xullo 202

Relatório sobre actuacións policiais na noite 24-25 de xullo 2020 en Compostela

Ainda sen resposta do Delegado do Goberno

Os relatorios foran enviados anteriormente ao Delegado do Goberno co pedido explícito de información sobre as instrucións recibidas polos axentes actuantes nesas dúas ocasións así como sobre a instancia autorizada que as emitiu. Unha información necesaria, indicaba EsCULcA no seu escrito, para poder continuar co seu traballo de observación e denuncia, sendo o caso, de posíbeis vulneracións de dereitos cometidas polas Forzas e Corpos de Seguranza do Estado.

Por agora, o Delegado do Goberno, D. Javier Losada, ainda non respondeu ao escrito.