Por Resolución do pasado 25 de setembro, Institucións Penitenciarias (I.P.) acordou suspender as comunicacións familiares nos cinco Centros Prisionais ubicados no territorio galego, supostamente pola elevada incidencia da pandemia no país. Unha medida que EsCULcA vé claramente desproporcionada dada situación actual. A medida fora antes adoptada sob a vixencia do estado de alarma e cancelada na etapa dos desconfinamento. EsCULcA solicita ao Secretario Xeral de I.P. corrixir esta decisión e propón medidas para garantir os dereitos das persoas presas e as súas familias sen agravar o risco de contaxio.

.

.

Una plaza por cada 15 aspirantes en las oposiciones para ...

.

.

Entre as medidas que EsCULcA propón á Secretaría de Institucións Penitenciarias figuran a) establecer de un maior número de turnos para realizar as comunicacións evitando así a coincidencia de varias familias, b) duplicar a duración das comunicacións para poder reducir o seu número, c) habilitar zonas comúns non utilizadas ou infra-utilizadas para as comunicacións, d) propor ás persoas presas medidas de contención interna para evitar a transmisibilidade, etc.

Así mesmo, EsCULcA subliña a importancia de non suspender as comunicacións ordinarias por locutorio nin as comunicacións intra-modulares, que supoñen un risco de contaxio mínimos e facilmente evitábel con medidas preventivas adecuadas. Tamén vé imprescindíbel a entrega de terminais telefónicos en número suficiente para as persoas presas poderen comunicar coas súas familias e persoas achegadas, e -en caso de suspensión ou anulación dunha comunicación concreta- reclama garantir o carácter recuperábel desa comunicación anulada.

Por outra parte, EsCULcA disponibiliza un modelo de Queixa que poden utilizar todas aquelas persoas que se viren afectadas por estas medidas.

Aqui o escrito de EsCULcA a I.P.

Aqui o modelo de Queixa por anulación de comunicacións