O pasado 31 de marzo, EsCULcA enviou escrito ao Alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, para pedir información sobre o seu anuncio relativo ao endurecemento das medidas que tomará o Concello contra as persoas que incumpren as normas establecidas durante o estado de alarma. Segundo este anuncio, aquelas que reincidiren serán levadas ao xulgado de garda e o Concello pedirá o seu internamento en prisión -“ou no centro en que o xuiz considere máis axeitado”.

 

Santiago encarga una consultoría externa para determinar la ...

 

Nun momento de crise como o actual, en que organismos internacionais como a Organización Mundial da Saúde ou o Comité para a Prevención da Tortura do Consello de Europa, xunto con centos de asociacións de defensa de dereitos fundamentais, recomendan aos gobernos tomaren medidas de sentido contrario ás anunciadas polo Concello de Compostela e urxen a posta en liberdade de persoas presas para evitar unha catástrofe sanitaria e humana no interior das prisións caso foren detectados casos de Covid-19, EsCULcA pede ao Alcalde lle indique que tipo de comportamentos serán considerados reincidentes e susceptíveis portanto de seren denunciados no xulgado de garda, que outras medidas se toman, ou está previsto se tomen, como paso previo á execución desta norma e que alternativas se ofrecerán ás persoas infractoras para evitar que o concello pida o seu ingreso en prisión.

Tamén pede EsCULcA lle sexa remitido o protocolo de actuación que regula a actuación dos axentes da policía municipal de Compostela durante o período de alarma.

O Gabinete do Alcalde confirmou a EsCULcA que respondería a este pedido de información cursado mediante varias chamadas telefónicas e correo electrónico.