EsCULcA presentou o 27 de abril escrito á Oficina do Defensor del Pueblo en que demanda se abra expediente de queixa en relación á infidelidade na custodia e fuga de datos persoais de preso galego no C.P. de Mansilla de las Mulas (León), con infracción dos dereitos constitucionais recollidos nos artigos 18.1 e 4 (dereito á honra e á intimidade persoal). A Queixa está baseada na información aparecida o 22 de abril sobre a traxectoria e vida prisional do penado J.E.A.G.

 

Reclaman la "inmediata" dimisión del defensor del pueblo español ...

 

Os datos de que se dá noticia na información aparecida no xornal non están relacionados con documentos públicos, como a sentenza ou súa situación penal, sinón que describen as circunstancias do preso no interior do cárcere, os obradoiros a que asiste, as actividades de lecer que realiza, o seu réxime de vida e as razóns que levaron a dirección do presidio a destinalo ao módulo en que cumpre condena.

A noticia recolle datos estritamente internos que só poden ser coñecidos pola Institución Penitenciaria, o que levanta sospeitas razoábeis de teren sido membros do propio cárcere os responsábeis desta fuga. Unha sospeita confirmada, aliás, polo propio xornal que sinala como fonte da información o cadro de persoal.

O escrito de Queixa foi remetido tamén ao Secretario Xeral de Institucións Penitenciarias para o seu coñecemento.