O pasado dia 3 de abril, EsCULcA dirixiuse ás candidaturas que apresentan lista nas circunscripcións provinciais galegas para as eleccións do 28 de abril. O propósito era manifestar a preocupación do noso observatorio polas serias limitacións impostas nos últimos tempos no Reino de España ao exercicio de dereitos recoñecidos na C.E., así como polo endurecemento das medidas punitivas previstas no Código Penal ou a ausencia de medidas para pór fin ás graves vulneracións de que son obxecto outros dereitos, apesar das críticas que organismos internacionais de DD.HH. e colectivos de defensa de dereitos fundamentais e liberdades públicas levan anos formulando aos sucesivos gobernos. Tamén era a nosa intención facer chegar ás candidaturas un catálogo de propostas en que, sen ánimo de exhaustividade, recollemos aquelas reclamacións que consideramos imperioso atender no mais breve prazo posíbel.

 

Resultado de imagem para eleccións xerais 28 abril 019

 

No escrito, EsCULcA puña de manifesto que, no entender da nosa asociació, unha das tarefas que deberán acometer de urxencia as futuras deputadas e deputados electa/os nas circunscricións provinciais da Galiza há de ser a de promover iniciativas parlamentares conducentes á restauración inmediata das garantías eliminadas nos últimos anos e á adopción de cantas medidas foren precisas para asegurar o exercicio de dereitos básicos como os dereitos de expresión, reunión e manifestación, o dereito a non ser obxecto de tortura, o dereito a asilo, o dereito á saúde ou o dereito das persoas menores de idade con responsabilidades penais a un tratamento adecuado á súa condición.

Tamén han de urxir as futuras deputadas e deputados a revisión da lexislación que obstaculiza a separación do estado e as institucións relixiosas e a que ampara tratamento discriminatorio ás persoas migrantes.

Co propósito de contribuir a esta tarefa, EsCULcA enviou un catálogo de propostas en que, sen ánimo de exhaustividade, aparecen recollidas aquelas reclamacións que consideramos imperioso atender no mais breve prazo posíbel.

Ver aquí as Propostas