EsCULcA fixo público onte o seu Relatorio sobre actuacións policiais nos días 24 e 25 de xullo, elaborado a partir da información recollida por observación propia e através de numerosos testemuños recollidos de persoas que se viron directamente afectadas por intervencións irregulares de axentes da policía española. O documento mostra como o forte control policial que acompaña sempre as expresións políticas no Día da Patria experimentou un endurecemento importante este ano.

 

Pode ser uma imagem de 5 pessoas e ao ar livre

 

Un aumento da presión policial que afectou tanto a medios e axentes mobilizados -policías à paisana e uniformados, a pé, a cabalo, en vehículos terrestres e aéreos, nos accesos a Compostela e nas rúas da cidade- como a control directo e identificación de persoas. Aliás, esta presión policial dificilmente pode ser xustificada pola necesidade de evitar a comisión de delitos xa que as persoas afectadas por este control, excesivo e arbitrario tamén en anos anteriores, non se caracterizan por teren cometido ou teren intención de cometer delito algún se non por os axentes lles atribuíren un determinado perfil ideolóxico (nacionalista), quer sexa pola língua en que se expresan, quer por sinais externos (lendas em camisolas, crachás, bandeiras, etc.) que as identifican con esa ideoloxía.

Paradoxalmente, este aumento desproporcionado da presión policial sobre un concreto sector social produciuse poucos días despois de ter entrado em vigor a Lei Integral para a Igualdade de Trato (Lei 15/2022, de 12 de xullo), que no seu artigo 18 , sinala explicitamente que as Forzas e corpos de Seguranza evitarán a utilización de perfis discriminatorios “sen unha xustificación obxectiva”.

Ver aquí o Relatorio.