No pasado mes de outubro, EsCULcA solicitou ao Concello de Ourense información sobre actuacións policiais desenvolvidas pola Policía Local da cidade con uso de ‘violencia inxustificada’ e que, segundo noticias aparecidas en varios medios, foran denunciadas no seu día polo Grupo Municipal Democracia Ourensana. Esta solicitude é reiteración da presentada o 23 de agosto no rexistro xeral do Valedor do Pobo con sede en Compostela.

 

Resultado de imaxes para policia local concello ourense

 

No pasado 30 de xuño, B.B.D.C., veciño da Merca, estaba na Alameda de Ourense axudando un compañeiro a facer a mudanza de fin de curso cando, no momento en que baixaba un colchón do seu coche, se aproximou del un axente da Policía Local da cidade e sen dar máis explicacións conminouno a subir de inmediato ao vehículo. Á pregunta de B.B.D.C. sobre a razón desta orde, o axente respondeu agarrándoo con forza polo brazo e, con violencia desproporcionada e inxustificada, insistiu en forzalo a subir ao vehículo con frases iradas (“Que montes! monta!”, “Por mis huevos!”). Nesa altura chegou ao lugar dos feitos unha patrulla da propia policía e os axentes aproximáronse para averiguar o que acontecía. Despois de ouviren as explicacións do axente actuante e de B.B.D.C., pediron a este que os acompañase para o identificar, non “en condición de detido”, esclareceron. No camiño mostráronse críticos coa a actuación do seu compañeiro e con intervencións anteriores (que non precisaron).

Ente as actuacións irregulares de que EsCULcA tivo noticia estaría a agresión sufrida por un veciño da Merca (B.B.D.C.) no 30 de xuño de 2018 na Alameda de Ourense por un axente da Policía Municipal.

B.B.D.C. estaba na Alameda de Ourense axudando un compañeiro a facer a mudanza de fin de curso cando, no momento en que baixaba un colchón do seu coche, se aproximou del un axente da Policía Local da cidade e sen dar máis explicacións conminouno a subir de inmediato ao vehículo. Á pregunta de B.B.D.C. sobre a razón desta orde, o axente respondeu agarrándoo con forza polo brazo e, con violencia desproporcionada e inxustificada, insistiu en forzalo a subir ao vehículo con frases iradas (“Que montes! monta!”, “Por mis huevos!”). Nesa altura chegou ao lugar dos feitos unha patrulla da propia policía e os axentes aproximáronse para averiguar o que acontecía. Despois de ouviren as explicacións do axente actuante e de B.B.D.C., pediron a este que os acompañase para o identificar, non “en condición de detido”, esclareceron. No camiño mostráronse críticos coa a actuación do seu compañeiro e con intervencións anteriores (que non precisaron).

Examinado por un facultativo do Centro Sanitario de Celanova, este sinala que no momento da exploración B.B.D.C. presenta ‘hematomas e excoriacións en tórax parte lateral, esquerda e pescozo, cara anterior de membros inferiores, pulsos, costas, hematomas en cranio e vértex e parietal esquerdo’, e indica como causa das lesións ‘probábel agresión’.

Por iso EsCULcA, ao abrigo do art. 17 da LEI 19/2013 de 9 de decembro, de Transparencia, Bo Goberno e Acceso á Información, presenta agora por segunda vez a seguinte información:

  • Copia do vixente regulamento de funcionamento e organización interna da Policía Local de Ourense.
  • Data e órgao de aprobación do mesmo.
  • Instrucións operativas vixentes da Policía Local de Ourense para identificacións na rúa.
  • Número de identificación persoal do axente actuante.
  • Medidas tomadas polo Concello de Ourense para determinar o fundamento das denuncias presentadas polo Grupo Municipal Democracia Ourensana e o propio afectado (B.B.D.C.).
  • Medidas cautelares ou definitivas adoptadas en relación ao axente actuante por incidentes anteriores ou polo incidente do 30.06.2018.

Tamén requer información relativa a protocolos de prevención da tortura e tratos denigrantes na Policía Local de Ourense.

  • Copia, caso existir, de procedementos internos de prevención e investigación de situación de tortura ou tratos dehumanos ou degradantes, e
  • Número de ocasións de aplicación do devandito protocolo dende a súa aprobación.