Con data 23 de marzo de 2019, EsCULcA enviou solicitude de información ao Secretario Xeral de Institucións Penitenciarias, Ángel Luís Ortiz Gonzales, referida á situación en que se encontran as persoas presas no penal de Bonxe despois de ser tido detectado un caso de infección por Coronavirus Covid-19. Na noticia aparecida na prensa galega infórmase da inmediata realización de test de detección ao resto dos funcionarios, mais non a presos e presas que tivesen estado en contacto co funcionario afectado.

 

Resultado de imagen de carcel de bonxe lugo

 

Tendo en conta que os feitos a que fai referencia a noticia afectan gravemente a saúde das persoas reclusas no presidio de Bonxe, EsCULcA requer, ao abrigo do previsto na Lei 19/2013 de Bon Goberno, Transparencia e Acesso á Información (art. 17), lle sexa facilitada copia do protocolo médico previsto en caso de detección de infección por Covid 19 de funcionario en servizos activos en establecemento prisional.

Solicita EsCULcA se indique se nestes supostos está prevista a realización de probas de detección ás persoas presas e, caso a resposta ser negativa con carácter xeral, se explicite se está prevista esta proba en presos e presas que tivesen estado en contacto directo co funcionario afectado.

No suposto de non estar prevista a realización desta proba, EsCULcA solicita lle sexa entregado informe expresivo en se indique en que supostos prevé o protocolo a realización de test de detección do virus Covid 19 a persoas privadas de liberdade.

Ver aquí a solicitude.