EsCULcA enviou hoxe, 24 de marzo, pedido de información ao Secretario Xeral de Institucións Penitenciarias, Ángel Luís Ortiz González, referida á situación en que se encontran as persoas presas no penal da Lama despois de saber que as normas impostas polo Ministerio de Sanidade son ignoradas pola dirección do centro e que a poboación carceraria carece de medios de protección adecuados.

 

Resultado de imagen de carcel de a lama

 

Con efecto, segundo noticias recibidas por EsCULcA, os presos que utilizan o comedor do penal son obrigados a situarse sen gardar a distancia de dous metros imposta polo Ministerio de Sanidade nos momentos en que coinciden con colectivos de persoas en prevención de transmisión do Covid 19. Así mesmo, pola información de que dispomos tampouco foron facilitados às persoas presas elementos de protección como luvas ou máscaras.

Como estes feitos poñen en risco a saúde das persoas presas no cárcere da Lama, o Observatorio, ao abrigo da Lei 19/2013 de Bon Goberno, Transparencia e Acceso á Información (Art. 17), requer a Institucións Penitenciarias lle sexa enviada:

a) copia do protocolo de prevención aplicábel no establecemento prisional da Lama para evitar a transmisión do Covid19 entre a poboación reclusa;

b) informe en que se pormenoricen as medidas concretas que se aplican nos actos colectivos para garantir as distancias de 2 mts. entre as persoas, mesmo en comedores e prestacións persoais obrigatorias;

c) informe expresivo en que se consigne se foi suspendida a actividade nos obradoiros produtivos e non produtivos e medidas de seguranza adoptadas para evitar a transmisión do Covid-19 entre as persoas presas;

d) informe de medidas adoptadas para garantir, diante da posibilidade de transmisión do Covid-19, o principio de cela individual e, caso se teña decidido manter celas compartilladas, que criterios se tomaron para limitar a exposición de persoas especialmente sensíbeis, con indicación dos criterios médicos aplicados para a citada calificación e priorización de asignación de cela individual entre persoas presas particularmente sensíbeis;

e) informe de medios de protección (luvas, máscaras, etc.) para evitar o contaxio de Covid-19 entre a poboación reclusa e período de reposición dos mesmos.

Ver aquí o escrito.