Nos próximos días 22 e 23 de Setembro terá lugar a chamada ”Cimeira Internacional de Las Palmas de Gran Canarias”, promovida nas sombras pola intelixencia marroquina para defender a ocupación do Sahara Occidental, e que deslocou unha serie de axentes e colaboradores ao arquipélago canario para se ocupar do material e os recursos humanos, así como da xestión, planificación e supervisión da mesma. A Cimeira estará dedicada enteiramente a ser unha caixa de resonancia das teses marroquinas. Exteriores, dirixido por José Manuel Albares, traballou duro expedindo máis de 300 vistos a marroquinos e saharauís supostamente orixinarios para poderen asistir á Cimeira e aparecer nas fotografías posteriores que servirán para publicitar unha forzada asistencia plena.

 

 

 

 

Como reflexo do apoio do goberno español a este Conferencia que está en liña coa ilegal posición anunciada por Pedro Sánchez en marzo deste ano, a Chancelaría ibérica tramitou através da embaixada española en Rabat máis de 300 pedidos de visas, que foron facilitadas sen requisito algún e entregadas en man apesar de España ser o sexto país en Europa en conceder vistos. Unha entrega e solidariedade que contrasta coa actitude mostrada aos millares de saharauís que tramitan os vistos através da embaixada española en Arxelia por cuestións médicas, e que son recusados sen cerimonia por Exteriores. O mesmo acontece con asociacións españolas solidarias co pobo saharauí, que cursan pedidos de visa médica con cartas de convite e corren a mesma sorte na embaixada española en Arxelia. É preciso destacar que moitos saharauís morreron despois de lles ter sido recusada autorización para acceder a tratarse, contradicindo cos principios de acción humanitaria e acollemento excepcionais ao cumprir cos requisitos de padecer a ocorrencia dunha doenza incapacitante que non pode ser tratada no país de orixe.

Segundo os datos do INE, España tramita cerca de 400.000 vistos anuais, sendo Marrocos o país que máis vistos consegue, e os mesmos datos confirman que Madrid, contra toda lóxica, concede máis vistos a rusos que a arxelinos sendo a distancia xeográfica abisal. A xenerosa cantidade de vistos tipo C foi outorgada polo Ministerio de José Manuel Albares á embaixada española en Rabat, e esta entregounas en man a unha asociación que supostamente opera en Las Palmas de Gran Canaria desde hai máis de 20 anos ás ordes da DGED, e que no curso deste ano foi moi publicitada nos medios españois de tiraxe nacional.

Moitos se preguntan pois onde ficou a acción humanitaria española supeditada ao dereito internacional, ou se Albares inventou un novo tipo de visas: a visa por razóns propagandísticas.

O encontro vén tamén despois do virada de Sánchez. O infame encontro reunirá varios membros do actual goberno de España, parte da sociedade civil e política do Sahara Occidental ocupado que beneficia do mantemento da ocupación, figuras destacadas do PSOE como o ex presidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero e o ex ministro de defensa José Bono. Na listaxe a que ECSAHARAUI tivo acceso figuran tamén varios membros do Executivo de Sánchez dos que aínda non transcendeu a identidade.

O encontro, dun tres días, estaba programado para principios de setembro de 2022, mais tivo de ser adiado até os días 22 e 23. Días en que Las Palmas de Gran Canarias estará infestada de axentes marroquinos.

 

ECSaharaui