O presidente do Centro Galego de Bruxelas, Miguel Palomo, admite que recibiu presións do goberno español e da Xunta de Galiza para que o local da capital belga non acollese o festival de  música para a liberdade CityZen, que terá lugar no sábado despois da presentación do Consell per la República.

Segundo explica Palomo á ACN, recibiu unha chamada da secretaría de Estado de Inmigracións para pedir que anulasen o contrato de aluguer do seu local, La Tentation, como sala para os concertos de varios grupos, como El Catarres ou Valtònyc. Tamén asegura que lles chegaron ‘voces’ da Xunta que pedían facer ‘todo o posíbel’ para suspenderen o acto.

presidente centro gallego brussel·les ACN                             Miguel Palomo, presidente do Centro Galego de Bruxelas / ACN

 

Palomo, no entanto, defende a decisión e lembra que o Centro Galego é unha entidade belga. “Non podemos suspendelo, un contrato non pode ser atirado ao lixo porque noutros lugares non teñan o mesmo concepto que en Bélxica”, argumenta. Desde o comezo, lembra, pareceulles que ofrecer a sala “era unha cousa normal”.

“Nestes locais producíronse actividades, muitas representacións, Bruxelas é unha mistura de máis de 100 nacionalidades e cedemos os nosos locais”, afirma. “Nunca tivemos ningún problema neste sentido”, acrescenta.

Despois de recibiren varias mensaxes en que se presionaba para que rescindisen o contato coa organización do Festival CityZen -en parte tamén pola participación de Valtònyc- Palomo explica que a decisión foi elevada á Xunta Directiva do Centro Galego, que concluiu que tiñan “liberdade” e tiñan que cumprir o contrato.

“Con que forza podemos dicir que non os queremos porque chamaron por teléfono?”, reflecte. “Eles poden manifestar as súas preocupacións democraticamente e nós non podemos suspender este acto”, insiste, lembrando que a Bélxica xa dixo non ver “ningún delito” na actuación do presidente Carles Puigdemont e parte do seu goberno.

La Tentation Brussel·les 2 ACN

Alías, sinala que os que non están dacordo con que La Tentation sexa o lugar escollido para os concertos baséanse en “crenzas estrañas” que non son “propias” do Centro Galego. “Ten que saberse que as aportacións das entidades galegas ou españolas supoñen un 1,5% do orzamento anual do centro”, subliña. Neste ano, di, recibiron 15.000 euros, moi lonxe dos 100.000 que por exemplo lles custa organizar o Festival Compostela que se fai anualmente na capital belga.

Sobre a posibilibade de que lles sexa retirado o subsidio no próximo ano, Palomo avisa que sería “un grave erro” e lembra que cando o centro estivo “castigado” en anteriores ocasións pola Xunta foi durante a época da transición española. “Estivemos cinco anos sen que nos desen os subsidios que nos pertencían porque non éramos aditos ou fieis avondo”, asegura.

“Nós aplaudimos o que están facendo os cataláns”, engade. “Catalunya recibiu máis de 100.000 inmigrantes galegos e os cataláns foron acolledores”, salienta, concluindo que, “por desgraza”, Galiza ten máis galegos “fora” que na mesma comunidade autónoma.

El Nacional