Desde a declaración do estado de alarma non deixan de acontecer feitos que animan á reflexión, comezando pola utilización do medo como método de amordazamento até a análise do noso propio comportamento persoal e colectivo. Mais hai algo que chama poderosamente a atención: as conferencias de prensa que, diariamente, ofrece a chamada Equipa técnica do comité de xestión da crise do Goberno.

 

Resultado de imagen de rueda de prensa diaria equipo tecnico crisis coronavirus miguel angel villaroya

 

A posta en escena é brutal: un médico, Fernando Simón, rodeado -con aparencia de secuestrado- dun xeneral do exército -ao que o médico dá a palabra o primeiro-, un alto mando da garda civil (outro militar), e outro alto mando da policía nacional, xunto a unha única muller -María José Rayo, á que dan a palabra en último lugar para falar dos transportes-. Tampouco é gratuíta. Após unha breve e insulsa -intúese que con relutancia- intervención do médico, chegan os que parecen formar o núcleo duro da equipa. E así todos os días desta crise/guerra.

Na pasada sexta-feira 20 de marzo, o xefe do Estado Maior da Defensa, xeneral do aire Miguel Ángel Villarroya, comezou a súa intervención -non improvisada, previamente escrita- dicindo crípticamente, e tuteando os telespectadoress, que “hoxe é sexta-feira no calendario, mais nestes tempos de guerra, ou crise, como queirades chamala, todos os días son segunda-feira”. No seu discurso declara que estamos en guerra e formamos parte do exército bélico, “nesta guerra irregular e rara que nos tocou loitar, todos somos soldados”, e móstrase positivo con que a sociedade vaia acollendo valores que entende seren patrimonio do mundo militar. Aplaude a ‘disciplina’ que mostramos, “todos comportándose como soldados neste difícil momento”, afirma que “o espírito de servizo non é exclusivo dos militares”, animando a que os copiemos, e “que todos nos comportemos como soldados”.

 

Villaroya informa, coa finalidade de tranquilizarnos?, que o exército continúa o desenvolvendo o seu operativo por todo o territorio español

 

Informa, coa finalidade de tranquilizarnos?, que o exército continúa o seu desenvolvendo o seu operativo por todo o territorio español. Cóntanos que onte nunha localidade de Zaragoza aplaudiron o exército desde os balcóns e suxire que “ese é o espírito que hai que demostrar”. É de esperar que mañá se congratule de que, por fin, a sociedade española asuma tamén como propio o concepto, igualmente militar, de obediencia cega. O médico di “moitas grazas (meu) xeneral”, e continúa dando a palabra ao resto de uniformados.

Máis inquietante se callar foi a intervención do mando policial, José Ángel González, que comezou afirmando que “a normalidade continúa a ser absoluta”. Agora resulta que o estado de alarma xa é a situación normal. A excepción convertida en norma. Afirma que hai unha “tendencia alcista” en número de persoas detidas, e avisa que, “nos incumprimentos, tolerancia cero” (incumprimentos de que ordes?, debemos lembrar que por incumprir as normas previstas no estado de alarma o que se prevé son multas, non detencións).

 

José Ángel González comezou afirmando que “a normalidade continúa a ser absoluta”. Agora resulta que o estado de alarma xa é a situación normal. A excepción convertida en norma

 

O tenente xeneral da Benemérita, Laurentino Ceña, tranquiliza a poboación comunicando que desde un helicóptero foi observada unha festa “nun lugar inhóspito con difícil visión”, e que, en colaboración con outras forzas policiais conseguiron paralisala e multar as persoas que interviñan nela -realmente 4 persoas nun hotel en Leganés- demostrando que “teñen vixilancia por mar, terra e aire” -o Rei emérito debeu levar os 100 millóns através dun buraco cósmico para a outra dimensión-. Despois cóntanos que, durante o estado de alarma, a delincuencia reduciuse en máis dun 50% (daquela, como se explica a ‘tendencia á alza’ das detencións?).

A sra. Rayo, teoricamente persoal civil, finaliza a súa intervención de forma sorprendente (non perdamos a capacidade de sorpresa) novamente con linguaxe militar, avisando que “é importante manter esta guerra” e permítese “parafrasear o meu compañeiro, Xeneral Villarroya nas súas tres cualidades do mundo militar que podemos aplicar nesta época que son “a disciplina, o espírito de servizo e a moral de vitoria” -voltará outra vez o franquista desfile da Vitoria?-, en tanto ambos sorrín con adolescente complicidade.

O médico finalmente partilla con nós unha intimidade: que el é ‘un tipo moi afectuoso’, mais que agora, ao chegar a casa non ten oportunidade de contacto -porque chega rendido- (que o médico fale de rendición neste contexto de linguaxe bélica talvez gañe todo o sentido despois de ouvirmos os seus ‘compañeiros’).

Hai xa uns anos declareime insubmiso á realización da tropa, entre outros motivos, porque consideraba que o exército utilizaba os mozos que se vían obrigados a compartillar un ano da súa vida nesa institución para transmitir á sociedade civil os seus principios reitores: disciplina, espírito de servizo… obediencia cega, e loitaba (e loito) por unha sociedade en que podamos relacionarnos através doutros valores: confianza, solidariedade, empatía, apoio mutuo, reflexión colectiva,,,

 

Sempre pensei que só despois dun golpe de estado podería ver un militar en TV arengando a sociedade en defensa dos seus valores, nunca imaxinei velo nun estado formalmente democrático, e teoricamente xestionado por unha coalición de esquerdas.

 

Sempre pensei que só despois dun golpe de estado podería ver un militar en TV arengando a sociedade en defensa dos seus valores, nunca imaxinei velo nun estado formalmente democrático, e teoricamente xestionado por unha coalición de esquerdas. Non pretendo chegar a conclusión algunha con isto, mais sei que nada é neutro, e menos agora que voltan os tempos de venda de (nosa) liberdade en troca de (suposta) seguranza. Son moitos datos, en moi pouco tempo, e procedentes de moitas fontes.

Mais si sei un par de cousas: que debemos coidar a nosa saúde individual e colectiva, coa mesma intensidade que debemos defender os dereitos fundamentais, entre eles a dignidade; que o medo e a rapidez dos acontecementos non nos debe facer esquecer que temos que pensar, de sentipensar e de reflectir sobre o que está a acontecer, porque iso é o que nos axudará a crecer; e que non debe haber pandemia algunha que nos faga perder a nosa conciencia crítica. Ao contrario, estou convencido que nos vai facer moito máis fortes.

Por suposto que quedamos na casa, mais non por espírito militar, nin por disciplina, nin por obediencia cega; facémolo por solidariedade, polo coidado persoal e colectivo.

 

Ah, por certo, xeneral, non se confunda: nin eu creo que moitas persoas vaiamos ser nunca os seus soldados: debe saber que, por suposto quedamos na casa, mais non por espírito militar, nin por disciplina, nin por obediencia cega (pois saiba que somos xente que pensa); facémolo por solidariedade, polo coidado persoal e colectivo, porque desta, ou saímos juntxs ou non saímos, e, por suposto, pola defensa da sanidade pública; e, nese contexto, xeneral, a nosa guerra non ten nada a ver coa súa.

Desde o isolamento físico, mais non emocional. Endika Zulueta San Sebastián, avogado. 20 de marzo de 2020.

El Salto Diario