A doutora Núria Pujol-Moix é profesora emérita da Universitat Autònoma de Barcelona e investigadora do Institut de Recerca de l’Hospital de Sant Pau de Barcelona. Dirixiu teses de doutoramento, impartiu clases e seminarios tanto de licenciatura como de posgrao, coordenou redes temáticas de investigación europeas, publicou máis de 130 artigos en revistas médicas internacionais de prestixio e escribiu capítulos de 58 libros.
No seu estudo documenta, unha a unha, as 1.066 persoas feridas pola violencia policial no 1-O e demostra que houbo entre elas 34 con traumatismos craneo-encefálicos, 65 con feridas na cara, 68 maiores de 65 anos, 13 de máis de 79 anos, 432 con traumatismos múltiplos causados por pancadas de porra, empurróns e pontapés, 137 persoas con traumatismos por cima do pescozo, contravindo os protocolos de actuación da policía, e que só o 20% dos golpes foron propinados en partes do corpo “recomendadas” nunha actuación policial.
Segundo Foro Paralelo os media españóis negáronse a publicar o estudo da Doutora Pujol-Moix, polo que non poden citar fontes en castelán.