No 98,1% de mortes violentas provocadas pola policía non se presentaron cargos nin hai habido consecuencia penal. Un relatorio anual subliña que non deixan de crecer os homicidios desta clase.

 

Estados Unidos | La policía mató a tres personas cada día en Estados Unidos  durante 2022 - El Salto - Edición General

 

 

Ao longo do ano 2022 só houbo doce días en que non se rexistraron mortes violentas a mans dos corpos policiais nos Estados Unidos. Os datos preliminares —a cifra pode aumentar polas causas forenses en curso— indican que en 2022 produciuse un novo récord desde que hai rexistros: son 1.183 mortes, segundo os datos do observatorio Mapping Police Violence, en constante actualización e recollidas polo portal Creative commons Truthout.

Só nun 31% dos casos os homicidios de produciron durante ou despois dunha situación violenta, noutro terzo dos casos o homicidio seguiu a unha tentativa de fuxida da vítima. Nun 10% dos casos está demostrado que a vítima non tiña ningunha arma. A combinación de homicidios a persoas con problemas mentais, por discusións de tráfico e conflitos non violentos ultrapasa os casos de violencia en momentos en que era cometido un delito.

En máis de 700 casos as vítimas pertencía a etnias non brancas, 302 eran negros e 207 hispanos. As persoas afroamericanas e as nativas americanas teñen tres veces máis posibilidades de seren atacadas pola policía que as brancas, ainda que estas tenden a levar máis armas que as doutras etnias. A maior diferenza dáse na cidade de Boston, onde por cada morto branco pola acción policial morren 25 negros.

Case a metade dos casos tiveron lugar en zonas suburbiais e conurbanas, un 27% deuse nas propias cidades e un 25% en áreas rurais.

Desde o ano 2013, cando comezou este mapeo, a policía estadunidense acabou coa vida de mil persoas cada ano. No 98,1% dos casos, o homicidio non tivo consecuencias penais para el ou os policías involucrados.

Como explica Sharon Zhang en Truthout, a análise prodúcese dous anos despois de Black Lives Matter ter desencadeado unha avalanche de protestos contra a policía en 2020, “mais apesar da atención prestada á cuestión e o traballo incansábel dos activistas abolicionistas nos últimos anos, as cidades seguiron aumentando os orzamentos dos departamentos de policía, restando fondos aos recursos públicos críticos e aumentando o poder das forzas da orde”.

El Salto Diario