Un grupo de presos subornou un funcionario con $1.000 para que lles abrise o acceso ao módulo de mulleres do cárcere de Indiana, segundo a demanda presentada polas agredidas.

 

 

   Cárcere de Indiana.

 

 

Un grupo de 28 mulleres presentou unha demanda en que denuncian que foron atacadas e violadas nunha prisión do sur de Indiana, en outubro pasado, despois de que un funcionario entregase as chaves do módulo de mulleres a un preso en troca de 1.000 $. O Departamento do Shériff do condado de Clark, o ex funcionario prisional David Lowe, e persoal do cárcere de Jeffersonville non identificado foron demandados polas mulleres en dúas acusacións separadas.

Lowe foi arrestado en outubro pasado en relación co incidente de terror -foi el quen supostamente deu acceso a áreas seguras do cárcere aos presos en troca de $ 1.000-. Tamén enfrenta cargos por outros delitos grave.

O 24 de outubro, ducias de mulleres foron sometidas a unha “noite de terror” polos presos que entraron no módulo e as atacaron durante dúas horas ininterrompidas. Para accederen ao pavillón, os homes usaron as chaves que lles dera Lowe. Entarron coa cara tapada, polo que non puideron ser identificados, e procederon a gritarlles e ameazalas con lles facer dano se oprimían o botón de chamada de emerxencia.

Vinte das mulleres agredidas presentaron unha demanda contra o alguacil Jamey Noel tanto pola súa responsabilidade persoal como profesional. Outras oito mulleres, todas nomeadas como Jane Does, demandaron tamén o departamento do alguacil, Lowe e o persoal do cárcere non identificado.

As demandas civís afirman que Lowe entregou aos prisioneiros homes as chaves das celas do módulo feminino en troca de diñeiro, revelou o Daily Mail.

No relato das demandas, as mulleres afirman que sobre as 23:30 do 24 de outubro, dous homes entraron e ameazaron con matar as mulleres se tentaban pedir axuda ao persoal da penitenciaría.

Despois, varios homes entraron nas celas, agarraron e apalparon as reclusas ao mesmo tempo que lles mostraban os seus xenitais. Algunhas mulleres víronse conseguiron esconderse no baño ou “cantos escuros” dos seus dormitorios. Os supostos ataques duraron horas e polo menos dúas mulleres foron violadas durante a brutal agresión.

“Apesar de que o incidente involucrou varios detidos masculinos e ducias de vítimas durante un período prolongado de tempo, nin un único funcionadrio do cárcere se achegou esa noite ás demandantes e as outras vítimas”, manifestan as vítimas na súa demanda.

Cando finalmente a agresión acabou, as vítimas foron castigadas polo persoal do cárcere e perderon os seus privilexios para que “as luces permanecesen acesas nas celas femininas durante as próximas 72 horas”.

A oficina do alguacil do condado de Clark defendeuse dicindo que o incidente foi “resultado da acción criminosa imprevisíbel dun funcionario prisional deshonesto”.

“O individuo en cuestión optou por abandonar a súa formación, ética e moral e tomou a decisión unilateral de hipotecar a súa carreira e o seu futuro ao permitir que os reclusos accedesen ás chaves do cárcere”. Lowe, cualificado como o “funcionario deshonesto”, foi acusado de traficar cun recluso, axudar outros a escapar e mala conduta oficial, ten un xuízo fixado para novembro deste ano.

El Universo