O estado de Tennessee, un dos máis conservadores do réxime estadunidense, aprobou unha lei que ataca directamente as persoas sen-teito. As sancións por pasar a noite nunha tenda na vía pública xa se endureceron neste estado en 2020 como resposta ás acampadas e protestos anti-racistas. Agora, con esta nova norma, acampar nunha propiedade pública será considerando un delito grave e quen o fixer enfrentrará 6 anos de prisión e a perda do dereito ao voto.

 

EEUU. Se aprueba una ley contra los sintecho: hasta seis años de prisión y la pérdida del derecho al voto por dormir en la calle

 

A lei entrará en vigor o 1 de xullo, e está dirixida especialmente contra un grupo de poboación: as persoas sen-abrigo, todas as que ven forzadas a vivir nunha tenda de campaña na vía pública. A lei tamén considerará delito acampar ao longo das estradas, debaixo de pontes, en viadutos ou dentro dalgunha pasaxe subterránea.

Nos últimos anos, nos EUA proliferaron as comunidades sen-abrigo: son millóns as persoas e familias que se agrupan en tendas de campaña ou casetas e barracas improvisadas, onde gardan todos as súas pertences, ante a imposibilidade de encontrar unha vivenda ao seu alcance.

A lei deparou cunha importante oposición no estado, incluídas moitas igrexas que se opuxeron publicamente á súa aprobación, mais foi aprobada na mesma. A crise social crece na primeira potencia mundial, e entretanto achegan ao planeta a unha guerra a grande escala, nas súas políticas internas camiñan cada vez máis para ao fascismo.

Insurgente

Ver tamén: Legislador do Tennessee cita Hitler em argumento de que sem-teto deveria aspirar a uma ‘vida produtiva’