Apesar dos protestos que reclaman reformas nos corpos policiais dos EUA, máis dun millar de persoas perdeu a vida por causa da violencia policial neste país.

 

 

A contaxe desta tráxica cifra comeza no 25 de maio, o dia en que George Floyd morreu en Mineápolis (estado da Minesota, no norte dos EUA) cando o axente Dereck Chauvin foi grabado presionando co xeollo no pescozo de Floyd durante case nove minutos en tanto o detido, que estaba alxemado, se queixaba de non conseguir respirar.

Un estudo publicado na páxina web Mapping Police Violence (Cartografia da violencia policial) sinala que no mínimo 1068 persoas foron asasinadas por axentes da Policía no prazo dun ano, unha media de tres persoas asasinadas por día.

Segundo a análise de Mapping Police Violence, nos EUA as persoas afro-descendentes teñen case tres veces máis probabilidades de ser asasinadas pola polcia que as brancas.

Policía dos EUA exerce racismo institucionalizado contra persoas negras

Seguindo esta mesma liña, Police Violence Report, outro grupo de defensa dos dereitos, enfatiza  tamén que as persoas pretas teñen máis posibilidades de ser asasinadas pola policía (27%), de ser desarmadas cando son atacadas (35%) e menos posibilidades de ter ameazado alguén cando son mortas (36%).

Por outra parte, menos do 2% dos axentes que participan nestes asasinatos son acusados dun delito.

Dos 9170 asasinatos policiais rexistrados entre 2013 e 2021, apenas 153 axentes policiais, o 1,7%, foron acusados e só 38 (0,4%) foron condenados por ese delito.

Nos últimos anos, os tiroteos protagonizados pola policía con consecuencias fatais e outras formas de brutalidade contra as minorías étnicas suscitaron multitudinarios protestos e duras críticas das diversas organizacións defensoras dos dereitos civis en todo o mundo.

Insurgente