O Tribunal Supremo dos Estados Unidos declararou que os cidadáns non poderán demandar empregados federais que violaren os seus dereitos constitucionais. Esta decisión torna intocabeis os axentes federais que cometeren posibeis crimes ou actos de mala conduta.

.

 

 

Se xa era limitada a posibilidade de denunciar un empregado federal, con esta sentenza do 15 de xuño agora é case imposíbel.

O caso que sentou precedente foi o de Egbert V. Boule, un axente federal que traballaba como informante e foi denunciado por bater nunha persoa. Nese momento, a maioría conservadora do tribunal ditaminou que o agredido non tiña motivos para presentar demanda por danos e prexuízos contra o axente federal ao que acusaba de agresión física.

Nunha opinión concorrente, o xuiz Neil Gorsuch afirmou que a maioría debería ter ido alén da sentenza e anular o precedente Bivens por completo. Os tribunais nunca estarán en condición de avaliar se un demandante ten unha causa de acción contra un funcionario federal e ao deixar a porta entreaberta, o tribunal crea unha “falsa esperanza” para os futuros litigantes.

Sen importar cal for a mala conduta ou o dano resultante, os axentes están a partir de agora absolutamente inmunizados de responsabilidade de calquera acción.

Misión Verdad