Nos Estados Unidos, as persoas negras teñen entre dúas veces e media e tres veces máis probabilidades de seren asasinadas pola policía que as brancas, segundo a organización sen ánimo de lucro Mapping Police Violence.

 

 

O New York Times do pasado 24 de decembro informaba que o número de persoas asasinadas por axentes de policía nos Estados Unidos non diminuíu desde os asasinatos de George Floyd e Daunte Wright en 2020. Continúa sendo inadmisibelmente elevado, máis se se ten en conta que moitos casos de violencia policial non se denuncian ou son mal clasificados nos rexistros oficiais.

Aínda que os ex axentes Derek Chauvin e Kimberly Potter foron condenados polos asasinatos de Floyd e Wright, respectivamente, «a rendición de contas dos policías que matan continúa a ser esquiva», sinala o xornal.

Máis de mil 600 persoas -unha media de tres por día- foron asasinadas pola policía desde a morte de Floyd en maio de 2020, revela a fonte.

Mapping Police Violence, unha organización sen fins lucrativos que conta as persoas asasinadas pola policía, di que as persoas pretas teñen entre dúas veces e media e tres veces máis probabilidades de seren asasinadas pola policía que as brancas.

 

Impunidade

O 98.3% das mortes causadas por axentes da policía entre 2013 e 2020 ficaron impunes.

Vermello: sen cargos – Celeste: axentes investigados – Azul: axentes condenados

 

Outro estudo

Un estudo realizado pola Universidade de Washington mostrou que as persoas negras teñen 3,5 veces máis probabilidades que as brancas de seren asasinadas pola policía.

Os investigadores da universidade concluíron que «o racismo sistémico e directo, manifestado en leis e políticas, así como os preconceptos implícitos persoais, fan que os negros, os indíxenas e os hispanos estadunidenses sexan o albo da violencia policial.»

En 2021, as acusacións de asasinato contra axentes de policía aumentaron significativamente, mais as acusacións e condenas penais continúan a ser escasas, indica o xornal.

O New York Times citou Philip Stinson, profesor de xustiza penal na Universidade de Bowling Green, dicindo que, en comparación cos 16 axentes do ano pasado, 21 policías foron acusados de asasinato e homicidio en 2021, o que é o número máis alto desde 2005.

Insurgente