No mes de xuño foi presentado o Relatorio Europeo da Islamofobia 2019. Este relatorio publícase anualmente desde 2015 e é unha iniciativa da Fundación para a Investigación Política, Económica e Social (SETA).  No documento traballaron 35 persoas dos medios académicos, especialistas e activistas en dereitos humanos de todo o continente e foron examinados 32 estados sob a supervisión dos editores Dr. Farid Hafez e Enes Bayrakli. O relatorio ocupa 829 páxinas e consta dunha Introdución (“O estado da islamofobia na Europa en 2019”) así como diferentes infografías en que se mostran os títulos, retóricas e incidentes máis salientábeis en cada estado.
..

 

O documento fornece unha panorámica e padróns concretos que revelan a dinámica subxacente de apoio directo ou indirecto ao aumento do racismo anti-musulmano na Europa.

Segundo a Axencia de Dereitos Fundamentais da Unión Europea (FRA), calcúlase que a infra-denuncia entre persoas musulmanas na Unión Europea é de cerca do 12%, sen incluir aquelas que son vítimas por percepción equivoca. Isto significa moitas cousas e, entre elas, a falta de confianza das vítimas nas propias autoridades e institucións, máis que a falta de coñecemento da lexislación, como demostran as sondaxes oficiais realizadas entre as minorías de Europa pola Axencia.

O último inquérito do Eurobarómetro publicado en setembro de 2019, revela que o 71% das persoas consultadas afirmou que se sentiría cómoda traballando cun musulmano, o que implica que o 20% non se sentiría cómodo. Mesmo así, os países cunha alta taxa de aceptación como o Reino Unido (93%), os Países Baixos (91%), a Franza e a Suecia (ambos 87%) contrastan cos países cunha aversión moi alta como a República Checa (35%), a Hungría (37%) e a Lituania (47%). Consultadas sobre teren fillos ou fillas nunha relación con persoas doutras relixións, máis unha vez os musulmanos foron os menos favorecidos en comparación cos xudeus, budistas, cristáns e ateus. Apenas o 53% estaría cómodo se un dos seus fillos tivese unha relación sentimental cunha persoa musulmana, e outra vez o maior percentaxe está no Reino Unido (82%), seguido da Franza (68%), a Irlanda e a Suecia (66%). As persoas que se manifestan menos favorabeis a este tipo de relación están na República Checa (18%), a Lituania (22%), Chipre e Hugria (23%). As posicións menos favorabeis a respecto dos musulmanos están nos países de Europa do Leste, onde vive o menor número de persoas musulmanas, confirmando a teoría de que o racismo opera cunha figura imaxinaria “do outro” en lugar dunha real.

Islamofobia no Estado español

A islamofoboa continúa a estar presente en todo o leque social e político: na educación, no acceso á vivenda ou a un emprego digno, na securitización, na liberdade de movemento e no histórico incumprimento do Acordo asinado entre o Estado español e a Comisión Islámica de España en 1992, que regula numerosos dereitos relixiosos na vida cotidiana. Case 30 anos despois, a maioría destes dereitos son ignorados e a populación musulmana tenta os facer efectivos de forma local e con dificuldades. 2019 tamén está marcado, máis unha vez, por un estado permanente de campaña electoral (dúas eleccións xerais e unha municipal). Cada campaña vai normalizando máis e máis o discurso de odio e a instrumentalización dos colectivos protexidos, de maneira que o que inicialmente era discurso da extrema dereita vai chegando ao centro e, nalgunhas ocasións, a sectores da esquerda. Segundo datos de UNICEF, España rexistrou en 2018 a chegada de máis de 6.000 crianzas e adolescentes sen acompañamento, que chegaron pola fronteira sur desde países do Magreb, fundamentalmente Marrocos e Arxelia, entre outros. O discurso de odio instrumentaliza estas crianzas e adolescentes deshumanizándoas, demonizándoas e reducíndoas mesmo a siglas (MENA), coas correspondentes consecuencias en forma de agresións na rúa, nos portos e nos centros de acollemento. O negacionismo do pasado andalusí e a manipulación histórica en forma de “Reconquista” continúan a estar presentes no imaxinario colectivo e nos libros de texto, así como a estranxeirizacón constante de xerazóns de persoas musulmanas. Nas cidades autónomas de Ceuta e Melilla continúa existindo un estado de segregación importante, con centenares de menores sen escolarizar. Tampouco hai fiscalías especializadas en discriminación e delitos de odio.

O  Relatorio da Oficina Nacional de Crimes de Odio de 2018 menciona un aumento xeral -do 11,6%- deste tipo de delitos: de 1.598 denuncias, 69 están relacionadas coa relixión (excepto o anti-semitismo) e 524 co racismo e a xenofobia. Non hai estatísticas segregadas para os preconceitos anti-musulmanos disponíbeis (apesar de se teren acrecentado recentemente dúas novas categorías: discriminación por doenza e idade). O  “Plano de acción de 2019 para combater os delitos de odio” do Ministerio do Interior inclúe medidas contra ao anti-ciganismo e a romafobia “tal como fai a Axencia dos Dereitos Fundamentais da UE”. Seguindo esta lóxica, o plano tamén debería medir os preconceptos contra os musulmáns, mais non o fai. Alén das recomendacións das institucións europeas e internacionais, as organizacións da sociedade civil insisten cada ano en recomendar esta medida.

Apesar disto, através dunha monitorización non sistemática dalgunhas ONGs e da Oficina para a Non Discriminación do Concello de Barcelona, foron rexistrados 148 incidentes, dos cales 16 foron agresións físicas (3 contra mulleres, 2 contra homes e 11 contra menores); 14 casos de vandalismo (4 contra mesquitas ou centros culturais islámicos e 10 noutros lugares); 26 agresións verbais ou ameazas (9 contra mulleres, 9 contra menores e 8 contra homes); 68 incidentes discriminatorios (23 contra musulmanos en xeral, 23 contra mulleres, 8 contra menores e 14 contra homes). Os incidentes poden incluir varias vítimas.

Menores sen acompañamento
Emprego

No que toca ao emprego, pouco ou nada mudou desde o relatorio do ano 2017. O grupo máis afectado continúa a ser o das mulleres musulmanas visíbeis. O hiyab é unha barreira para algunhas institucións públicas e para moitas empresas privadas, apesar da lexislación sobre discriminación e liberdade relixiosa. No caso das empresas privadas acontece sempre o mesmo: alégase que “vai en contra da regulamentación interna”. Cando esta regulamentación foi requerida en 2019, empresas como a Pimkie ou o supermercado Día en Málaga, non a entregaron. Co tempo, imaxinamos que acabarán por introducir o veto ao hiyab na regulamentación para así a poderen mostrar, o que vai peorar ainda máis a situación que vai contra calquera principio de igualdade. Nótase a falta de apoio institucional efectivo.

Educación

O proxecto de investigación de 2009  “Islamofobia ou currículo nulo? A representación do islam, as culturas musulmanas e os inmigrantes musulmanos nos libros de texto de Cataluña” conclúe que entre o material examinado “menos de dous terzos fan referencia, quer sexa verbal ou icónica, á cultura musulmana ou a calquera dos outros conceptos. Os datos obtidos mostran a necesidade de revistar o contido dos libros de texto escolares para corregir as omisións e deformacións no tratamento do islam, a cultura musulmana e a presenza de persoas musulmanas na sociedade”. Estas conclusións ainda vigoran. En 2019, foron denunciados a ONGs varios libros de texto polo seu tratamento do islam, os musulmanos e a historia andalusí.

A securitización tamén entrou nas aulas e nos centros de acollemento de menores en 2016 como protocolos de vixilancia. Un exemplo destes é o PRODEAREV do Departamento de Educación da Generalitat, activado polo Pla Operatiu Especial Antiterrorista (POA) dos Mossos d´Esquadra. Este protocolo, así como outros en diferentes puntos do territorio español, foron recollidos e analisados na obra  “La Radicalización del Racismo- Islamofobia Institucional y Prevención Antiterrorista” de Ainhoa Nadia Douhaibi e Salma Amazian (Ed. Cambalache 2019).

A islamofobia de xénero tamén continúa a estar presente nas escolas e na realización de exames finais. En 2019 houbo numerosos casos de xovens estudantes a quen non foi permitido entrar na escola co hiyab, unha delas xa era maior de idade. Tamén foron rexistrados varios casos en que para realizar exames importantes (como os da EBAU, quer dicir, a Selectividade), xovens musulmanas foron obrigadas a tirar o pano diante do resto do alumnado e, nun caso, a ficar así durante todo o exame. En todos estes casos, as estudantes sentíronse discriminadas xa que o resto de estudantes non foi sometido a unha revista similar embora cubrisen a cabeza con gorros, cascos, camisolas con capuz, etc.

En xullo de 2019, o Consejo de Educación de Madrid e o Defensor del Pueblo  autorizaron as escolas regularen o código de vestuario das estudantes e estableceren a obrigación de manter a cabeza descuberta, tamén para as estudantes de veu islámico. A Dirección Xeral de Relacións coas Confisións (Ministerio de Xustiza) pode emitir recomendacións (non vinculantes) en sentido contrario.

A non escolarización de centenares de menores en Ceuta e Melilla ainda vigora apesar dos requerimentos do Defensor del Pueblo. Moitas destas persoas menores, así como as nais e os pais, naceron nestas cidades, mais viven nun limbo burocrático. En 2020, o Comité Internacional dos dereitos da Crianza das Nacións Unidas exhortou as autoridades a escolarizar unha menor, unha das moitas resolucións que pelexou e gañou a ONG Prodein de José Palazón, coa colaboración da Asociación de Abogados Extranjeristas.

Identificacións policiais por perfil étnico
Femonacionalismo
Conclusión e recomendacións

Aurora Ali: Islamophobia in Spain: National Report 2019, in: Enes Bayraklı & Farid Hafez, European Islamophobia Report 2019, Istanbul, SETA, 2020.

Acceso ao Relatorio da Islamofobia en Europa 2019

Rede Islamofobia

Vídeo de la presentación del informe con los editores y los autores de los informes de Bosnia, Bélgica y Holanda.